O Equipo de Goberno de José Tomé disfruta, xunto con centos de monfortinos, do concerto que Malenne celebrou na rúa Cardeal

Monforte de Lemos, 30 de decembro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu na noite de hoxe ó concerto do grupo monfortino Malenne, que tivo lugar dende as 8 da tarde na rúa Cardeal.

No concerto, estivo acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiros de Servizos, José Luis Losada, Muller e Igualdade, Margarita López, Consumo, Regina López, e Novas Tecnoloxías, Guillermo Díaz.

Estes concertos de grupos monfortinos de Nadal, xunto co celebrado a pasada semana no mesmo escenario a cargo de Doc Magoo`s, foron unha novidade incorporada o pasado ano polo Concello á súa programación de Nadal, e tiveron unha grande aceptación e éxito de público, polo que este ano o Equipo de Goberno decidiu volver a celebralos.

Estes concertos son ademais o colofón do Mercado de Nadal da Praza de Abastos, que se celebrou esta fin de semana. Tanto o Mercado de Nadal como o concerto de Malenne contaron cunha gran afluencia de público.