O Alcalde fai entrega dos premios Cata Patrimonio, que recoñece o valor dos viños da Ribeira Sacra

Monforte de Lemos, 18 de xuño de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou na mañá de hoxe no Centro do Viño da Ribeira Sacra os premios correspondentes á Cata Patrimonio 2023, logo de que esta cata se celebrara o pasado 3 de xuño.

O rexedor monfortino resaltou o valor do traballo dos adegueiros da Ribeira Sacra, recoñecéndoos como “os auténticos artífices que fan que hoxe os viños desta denominación teñan o recoñecemento e o éxito que teñen”.

A mecánica deste evento, no que colaborou o Concello de Monforte, consistiu nunha cata a cegas, onde un xurado conformado por enólogos de bodegas da zona, membros da Asociación Galega de Enólogos e prensa especializada degustaron distintas elaboracións dos viños presentados.

Na cata participaron 52 adegas desta denominación de orixe, que supón máis do 90% das adegas da zona.

O Alcalde subliñou que gracias a eventos como este cumprimos un dobre obxectivo, “promover a Ribeira Sacra e impulsar o traballo e o esforzo das adegas pertencentes a ela, así como a posta en valor da calidade dos nosos viños”. Por iso, José Tomé agradeceu aos organizadores e participantes a recuperación desta Cata Patrimonio e animounos a seguir adiante con iniciativas deste tipo.

Finalmente, antes da entrega dos premios ás adegas gañadoras, o Alcalde tamén anunciou que o Concello xa está a traballar intensamente na organización dunha nova edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra, que se celebrará en Monforte os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo subliñando que o Festival constitúe unha forma moi importante tamén de impulsar a industria vitivinícola da zona da Ribeira Sacra, así como a hostalería e o comercio. O rexedor anuncio o importante impulso que se lle deu a esta 5ª edición do Festival, que conta con mais actuacións que ningunha edición anterior, con actividades variadas para pequenos e adultos e coa participación de 30 adegas, que constitúe unha cantidade superior ao resto dos anos, superando en tres adegas o número da última edición de 2022. Para finalizar, José Tomé quixo recalcar que o esforzo que se está a facer para aumentar e mellorar a programación do Festival con respecto a edicións anteriores, vese reflexado no orzamento que se destina para este evento, e que este ano suporá a importante cantidade de mais de 150.000 €, un orzamento importantísimo que se verá reflexado no desenrolo do Festival do Viño. Xa por último, o Alcalde quixo agradecer aos adegueiros que van a participar no Festival a súa presenza no mesmo, e aos adegueiros premiados o seu bo facer e traballo diario para mellorar os seus viños, que tal e como afirmou José Tomé, son en gran medida, os responsables de que a Ribeira Sacra se coñeza a nivel internacional mais que nunca.

Viños premiados

Brancos Gran Patrimonio

1. A Cova Volta

2. Peza do Rei

Brancos Patrimonio

1. Casa Moreiras

2. Maga

3. Ponte da Boga a Albariño

4. Viña Vella

Rosados Gran Patrimonio

1. Regina Rosae

Rosados Patrimonio

1. Cruceiro Rosa

2. Tareixa

Tintos Gran Patrimonio

1. Acivro

2. Ciudaséis

Tintos Patrimonio

1. Casa Moreiras

2. Viña Frieira

3. Estrela

4. Sabatelius

Outras colleitas Gran Patrimonio

  1. Casa de Outeiro Escudo

Outras colleitas Patrimonio

  1. Guímaro Camiño Real
  2. Tolo de Xisto

Tintos Barrica Gran Patrimonio

  1. Condado de Sequeiras CS
  2. Casa de Outeiro Histórico

Tintos Barrica Patrimonio

  1. Sollío Barrica
  2. Viña Peón Barrica
  3. Adega Vella 12
  4. Viña Frieira Barrica