O Concello en colaboración coa Armada Española organiza un acto de Xura de Bandeira Civil o próximo día 10 de xuño

Monforte de Lemos, 26 de maio de 2023.  O Concello quere comunicar a celebración o próximo día 10 de xuño,  dun acto de Xura de Bandeira Civil que terá lugar en horario de mañá, ás 12:00 h. na explanada da Compañía.

O acto que se organiza en colaboración coa Armada Española, forma parte da celebración castrense con actos abertos a civiles, para reforzar os vínculos que unen a localidade e a súa poboación coa Armada.  No mesmo, poden participar todos os cidadáns, tanto homes como mulleres que o desexen, sempre e cando teñan cumpridos os 18 anos e teñan nacionalidade española.

As persoas interesadas deben cubrir unha solicitude de participación cos seus datos persoais, con fecha límite ata o venres 2 de xuño,  e poderano facer de varias formas:

-    Descargando a solicitude da páxina web do Ministerio de Defensa no apartado “juras de bandera”

-    Descargando a solicitude da páxina web do Concello de Monforte no banner habilitado ao efecto e presentala en Alcaldía no Concello de Monforte.

-    Ou tamén no Concello, en Alcaldía, para formalizar a solicitude presencialmente.

Previamente, haberá un Concerto da Banda de Música do Tercio Norte de Infantería de Mariña que se celebrará o venres día 9 de xuño ás 20:00 h na Praza de España e cunha duración aproximada de dúas horas  para o que se habilitarán sillas para o público asistinte.

Dende o Concello, convidamos a todos os Monfortinos e Monfortinas a participar nestes dous actos.

Instancia de solicitude Xura Bandeira