O Concello informa do peche do Paseo do Malecón dende este luns día 26 ata o martes 4 de xullo para preparar o Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos, 23 de xuño de 2023.  O Concello de Monforte ven de informar do corte de tráfico de vehículos que se producirá no Paseo do Malecón durante a próxima semana por mor dos preparativos do Festival do Viño de Ribeira Sacra que se celebrará o venres día 30 de xuño e os días 1 e 2 de xullo.

O dispositivo de circulación previsto e que vai a desenrolar a Policía Local consiste no peche do paseo do Malecón por tramos, según as necesidades que se precisen para os traballos de montaxe e desmontaxe das distintas estruturas habilitadas para os participantes e visitantes do evento. Esta decisión tómase coa intención de interrumpir a circulación o menor tempo posible. Con esta finalidade, poderanse diferenciar dúas actuacións distintas:

- Dende o día 26 de xuño ás 7:00h e ata o día 4 de xullo ás 23:00 h pecharase a rúa dende o inicio do Malecón ata a baixada lateral do ambulatorio para facilitar a instalación dos stands que participan no evento e a colocación dun dos palcos de actuacións.

- A partir do mércores 28 de xuño ás 7:00 h e ata o día 3 de xullo ás 23:00h permanecerá pechada ao tráfico a Rúa do Malecón na súa totalidade, para proceder a instalación do outro palco do Festival.

Todos os cortes estarán convenientemente sinalizados e si a execución dos traballos que se realizarán finalmente fora inferior ó tempo previsto para facelos, procederase á reapertura do tráfico de forma inmediata.

Dende o Concello queren solicitar a colaboración dos cidadáns e agradecer as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.