O Alcalde fai entrega das medallas e premios correspondentes á 4ª Competición da Liga Galega Promoción Slalom-Trofeo Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 22 de xullo de 2023. 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega na mañá de hoxe, no paseo do Malecón, das medallas e premios correspondentes á 4ª Competición da Liga Galega Promoción Slalom-Trofeo Concello de Monforte.

A actividade está organizada polo Club Quixós e conta co apoio do Concello de Monforte e a Deputación de Lugo.