O Alcalde participa nos actos litúrxicos de Venres Santo en Monforte

Monforte de Lemos, 29 de marzo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca,  participou na tarde de hoxe nos actos litúrxicos do Venres Santo, que se celebraron dende as 6 e media da tarde na igrexa de Nosa Señora da Antigua.

No acto, o Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Servizos, José Luis Losada, de Deportes, José Manuel Mougán, e de Muller e Igualdade, Margarita López. Tamén acudiron outros membros da corporación municipal, autoridades, e moitos monfortinos e monfortinas que ateigaron a igrexa dos Escolapios.

Tras a celebración eucarística da celebración da Paixón e morte de Jesús, e debido a que a climatoloxía non foi adversa e o permitiu, tivo lugar a procesión da Virxe Dolorosa e o Ecce Homo polas rúas do centro de Monforte. En concreto, levouse a cabo un percorrido circular no que a procesión transitou polo paseo da Compañía, parte da rúa Roberto Baamonde e da avenida de Galicia, para voltar cara os Escolapios pola rúa Cardenal.

O Equipo de Goberno colaborou nestes actos litúrxicos co Grupo de Gaitas municipal, que actuou durante o desenvolvemento da procesión, coa Coral Polifónica do Concello, que actuou na eucaristía, e coa Policía Local, que levou a cabo a reordenación e regulación do tráfico para que a procesión se desenvolvera con total normalidade.