O Alcalde pon en valor os corenta anos de historia do IES A Pinguela, no que se formaron máis de 7.000 estudantes

Monforte de Lemos, 26 de abril de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, participou na tarde de hoxe nos actos de conmemoración do 40 aniversario do Instituto de Educación Secundaria de A Pinguela.

Na súa intervención, que serviu para pechar o acto oficial, o rexedor monfortino destacou que “foxe é un día importante na historia do sistema educativo de Monforte de Lemos, porque conmemoramos os 40 anos de vida do Instituto de Educación Secundaria de A Pinguela, que abriu as súas instalacións alá polo ano 1983”, motivo polo que felicitou á institución en nome de todos os monfortinos e monfortinas.

O Alcalde, salientou a adicación deste centro educativo, que “durante 40 anos formaron e educaron ós nosos adolescentes nunha etapa tan crucial como é a ensinanza secundaria e a formación profesional, que son claves para conformar o seu futuro profesional e vital”.

Na súa felicitación, José Tomé incluíu a todos os docentes, persoal administrativo e laboral que traballaron e traballan ó longo destes 40 anos de historia deste centro educativo. E tamén resaltou a labor dos diferentes directores que pasaron polo centro: Manuel Balea, Joaquín Trujillo, José Ramón Casanova e o actual director, Enrique Sampil, que leva na dirección dende o ano 2000.

O Alcalde tamén fixo un repaso pola historia do centro, que abriu as súas portas no ano 1983. Inicialmente as materias impartidas estaban relacionadas coa Formación Profesional, como Administración ou Perruquería e Estética, pero no ano 1996 ampliou a súa oferta incorporando a Educación Secundaria Obrigtoria, e posteriormente, no ano 2000, o Bacharelato. As estatísticas afirman que foron máis de 7.000 alumnos e alumnas os que se formaron no IES A Pinguela dende a súa fundación.

Hoxe en  día, o IES A Pinguela conta cuns 520 matriculados e 79 docentes, do que da boa mostra da importancia que este centro educativo ten na nosa cidade.

Tamén fixo José Tomé na súa intervención, nun salón ateigado de alumnos, ex-alumnos, profesores, ex-profesores así como familiares, un alegato a favor da educación e do sistema educativo público: “ó longo da historia, o crecemento económico, o progreso ou os avances democráticos foron sempre da man da educación, que é un dereito constitucional fundamental, sobre todo da man do ensino público”. E continuou que “se queremos camiñar cara un futuro de desenvolvemento, de creación de emprego, de innovación, de respecto ao medio ambiente e ós valores de solidariedade, ou de impulso da cultura, só o podemos facer da man dun sistema educativo ben deseñado e ben financiado”.

José Tomé tamén abogou pola necesidade dun “sistema educativo dotado de recursos suficientes, que motive ós profesores e que garanta que os alumnos e as alumnas teñen dereito a unha educación universal e de calidade con independencia do lugar no que vivan ou dos recursos que teñan as súas familias”.

Neste senso, o Alcalde afirmou que “o IES A Pinguela cumpre con ese fin educativo primordial, que é proporcionar unha educación democrática e de calidade. Así o leva facendo ó longo de 40 anos e espero e desexo que o siga facendo no futuro, onde ten que seguir xogando un papel moi importante.”

O mandatario monfortino, concluíu a súa intervención dándolle ó IES A Pinguela os “parabéns por estes 40 anos de historia viva da nosa cidade, e moitos folgos para seguir educando os nosos xóvenes porque eles e elas serán os que constrúan a nosa sociedade e o noso futuro. Podedes sentirvos orgullosos e orgullosas do traballo feito”.

Actos do 40ª Aniversario do IES A Pinguela

O actos de conmemoración do 40ª Aniversario do IES A Pinguela deron comezo no salón de actos do centro ás 7 da tarde, e asistiron deputados e alcaldes da zona así como concelleiros da corporación municipal e outras autoridades.

Ademais das intervencións institucionais, que foron introducidas por un alumno e unha alumna de 2º de BAC deste centro educativo, interviron o actual director deste centro educativo, Enrique Sampil Sánchez, así coma un ex-profesor e unha ex-alumna.

Tamén participou a profesora do centro e poetisa Olga Novo quen recitou un poema cun alumno ó piano.

Ó inicio do acto proxectouse un vídeo recopilatorio formado por fotografías e recortes de prensa que recolleu momentos destacados dos 40 anos de historia deste centro educativo.