O Alcalde recibe a Jaime López García, alumno do colexio de A Gándara, por ser finalista do Concurso nacional de Debuxo de Aqualia

Monforte de Lemos, 12 de marzo de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu a Jaime López García, alumno de 4º de Primaria do Colexio de A Gándara, que resultou ser finalista do Concurso nacional de Debuxo de Aqualia, no que participaron 2.500 nenos e nenas de 3º e 4º de ESO de toda España, e no que Jaime quedou entre os 30 finalistas.

Por este motivo, o Alcalde recibiu na Casa do Concello a este alumno monfortino, que veu acompañado na súa nai. Tamén estiveron presentes a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Servizos, José Luis Losada, e por parte de Aqualia, a xefa de servizo en Monforte, Paula Díaz, e o responsable provincial, Carlos Álvarez.

O Alcalde fixo entrega a Jaime López, dunha medalla, dunha tarxeta agasallo de 30€ en material deportivo, e a reprodución do seu debuxo premiado en cartón pluma. Os responsables do concurso valoraron a súa creatividade e o seu coñecemento sobra a auga e sobre como coidar a biodiversidade.