O Alcalde recibe o Ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, en visita oficial a Monforte

Monforte de Lemos, 14 de febreiro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu hoxe en visita oficial ó Ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación do Goberno de Espàña José Manuel Albares Bueno. No encontro na Casa do Concello, estiveron presentes concelleiros e concelleiras do Equipo de Goberno monfortino.

O ministro asinou no Libro de Honra do Concello, e aproveito para departir co Alcalde monfortino sobre diversos aspectos da proxección de Monforte e da Ribeira Sacra no eido nacional e internacional.

Posteriormente, no Centro do Viño, Albares e Tomé mantiveron un encontro con adegueiros da D.O. Ribeira Sacra para abordar aspectos como o posicionamento destes viños nos mercados nacionais e interacionais, e por extensión, do turismo da Ribeira Sacra.

Posteriormente, o Ministro, o Alcalde e os representantes municipais desprazáronse ata o Miradoiro do Duque, onde apreciaron os bancais dos viñedos da Ribeira Sacra e as espectaculares vistas do canón do Sil.