O Concello indica a empresas e establecementos como solicitar o aboamento dos bonos do Plan de Apoio as Familias e Sectores Económicos de Monforte

Monforte de Lemos, 25 de setembro de 2020. O Concello de Monforte ven de dar a coñecer, a través da súa páxina web, o procedemento que deberán seguir as empresas, os profesionais e os establecementos para solicitar o cobramento dos bonos do Plan de Apoio as Familias e Sectores Económicos de Monforte, bonos que xa están a recibir en pago polos seus servizos e produtos.

Do mesmo xeito, tamén na páxina web e no Rexistro do Concello, teñen á súa disposición o impreso oficial de xustificación que é necesario cubrir para solicitar dito reintegro dos bonos recibidos.

Ademais, o Equipo de Goberno do Concello informa que ven de ampliar o prazo para presentar esta solicitude de aboamento por parte das empresas, establecementos e profesionais, prazo que rematará o 30 de novembro de 2020. (Inicialmente o prazo remataba o 31 de outubro).

Procedemento a seguir para o cobramento dos Bonos por parte de empresas, profesionais e establecementos

As indicacións que deben seguir todas aquelas empresas, establecementos e profesionais que recibiron bonos correspondentes ó Plan de Apoio as Familias e Sectores Económicos de Monforte, en pago polos seus produtos ou servizos, para poder cobrar os importes correspondentes a ditos bonos, son as seguintes:

  • Os establecementos deben cumprimentar o impreso de solicitude de cobro, publicado na páxina web do Concello de Monforte, para solicitar o reintegro dos importes dos bonos que trocaron por bens, servizos ou consumos. Xunto co Anexo I, incluído nese impreso, deberán aportar os orixinais dos bonos asinados pola titular da empresa ou establecemento, non sendo necesaria outro tipo de documentación.
  • Aínda que existe a posibilidade de presentar esta solicitude vía telemática, o BONOS ORIXINAIS deben entregarse o máis axiña posible na oficina do Rexistro xeral do Concello de Monforte de Lemos, identificando a solicitude realizada.
  • O establecemento non ten por que requirir a identificación do titular do Bono, pero si se deberán fixar en que a papeleta é orixinal e que está asinada tanto polo titular do bono como polo Alcalde (non se admiten fotocopias dos bonos).
  • Os pagos efectuaranse periodicamente á maior brevidade posible.

O prazo para presentar as solicitude de aboamento dos bonos rematará o 30 de novembro de 2020.

Os establecementos, profesionais e empresas, para a presentación destas solicitudes de reintegro de bonos, non é necesario que esperen ata o final do prazo de validez do bono, é dicir, pódenas presentar no momento en que se estime oportuno, utilizando para elo o impreso correspondente cada vez que se entreguen novos bonos e seguindo as indicacións sinaladas para elo.

Toda a información, pódese consultar aquí