Benvido á web Oficial do Concello de Monforte de Lemos

O Concello de Monforte conmemora o 25-N cun rexeitamento firme á violencia machista e un acto en lembranza das vítimas: “Nin unha cadeira baleira máis”

Monforte de Lemos, 25 de novembro de 2026. O Concello de Monforte de Lemos conmemorou o 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cunha concurrida concentración e un acto simbólico na Praza do Concello en lembranza das 47 mulleres asasinadas polas súas parellas ou...

O Centro Cívico acolle este xoves un curso de Defensa Persoal Feminina dentro da programación do 25-N do Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 24 de novembro de 2026. O Centro Cívico Social acollerá este xoves, 26 de novembro, un Curso de Defensa Persoal Feminina organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Muller e Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), dentro das actividades...

O Alcalde informa da convocatoria do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2026” dirixido ao alumnado dos centros de ensino

Monforte de Lemos, 24 de novembro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da convocatoria dunha nova edición do Certame de Poesía Infantil de “Nadal 2026” dirixido ao alumnado dos centros de ensino da cidade. A Xunta de  Goberno Local aprobou as bases do concurso na sesión...

O Edificio Multiusos acolle o xoves a obra de teatro “A cámara escura”, dentro da programación do 25-N

Monforte de Lemos, 23 de novembro de 2026.  O Edificio Multiusos de Monforte acolle este xoves, 23 de novembro, ás 20:15 horas, a representación da obra de teatro “A cámara escura”, da compañía Vórtice Escénico, incluída na programación organizada polo Concello de Monforte a través da Rede de...

O Alcalde informa de que a Xunta de Goberno validou a xustificación de axudas concedidas a varias entidades por importe de 12.000 €

Monforte de Lemos, 23 de novembro de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da validación da xustificación das axudas concedidas a 4 entidades monfortinas para cubrir gastos da súa actividade no ano 2026. A Xunta de Goberno Local celebrada na mañá deste luns, 23 de novembro, deu luz...

A Casa da Cultura acolle este domingo o espectáculo de maxia para público familiar “lgualdade, onde estás?”, dentro da programación do 25-N

Monforte de Lemos, 21 de novembro de 2026.  A Casa da Cultura de Monforte acolle este domingo, 22 de novembro, ás 18.00 horas, o espectáculo de maxia “Igualdade, onde estás?”, dirixido ao público familiar. Esta actividade enmárcase na campaña “Monforte en negro contra as violencias”, organizada...

O Alcalde presenta uns Orzamentos para 2027 que ascenden a 21,5M€: “Monforte vai ter en 2027 o maior orzamento da súa historia sen subir impostos en 12 anos”

Monforte de Lemos, 20 de novembro de 2026. O Alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, presentou ante os medios de comunicación o proxecto dos Orzamentos Municipais para o ano 2027, que ascenden a 21.469.134,38 euros, case 21,5 millóns de euros, cun incremento de 3.044.934,38 euros respecto a...

O Alcalde informa da apertura do prazo de solicitude de postos para participar no Mercado de Nadal da Praza de Abastos

Monforte de Lemos, 18 de novembro de 2026.  O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da aprobación este luns, en Xunta de Goberno, das bases da convocatoria para a inscrición, admisión e selección dos participantes no Mercado de Nadal 2026, que terá lugar na Praza de Abastos de Monforte...
Multimedia
Imagen consorcio galego, fondo galego, uned lugo, red de bibliotecas públicas y federación coral gallega
Imagen cidade membro, dinamización lingüítica, femp y fegamp

Aínda non se creou contido para a páxina principal.