Sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias: Parroquia de Chavaga (San Xoán)
BANDO
Don José Tomé Roca, Alcalde do Concello de Monforte de Lemos,
FAI SABER
En virtude do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia e SEAGA en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, foi seleccionada a parroquia de CHAVAGA (San Xoán), onde a Administración Autonómica realizará a prestación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (ver parcelas afectadas zonas verdes https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/).
O acceso á prestación do servizo será voluntario para as persoas responsables e efectuarase, a través dos concellos, mediante a formalización dos contratos de xestión da biomasa segundo o modelo de contrato que establece o Convenio de colaboración. O contrato terá unha duración de 4 anos (período 2026-2029).
A tarifa que deberá ser obxecto de abono polas persoas responsables do cumprimento das obrigas da xestión da biomasa que formalicen o contrato será de 420 euros por hectárea e anualidade. De este xeito o custe dunha actuación nunha parcela de mil metros cadrados sería de 42 €.
As persoas responsables que non accedan voluntariamente a este servicio dispoñen ata o 31 de maio para o cumprimento voluntario da súa obriga para xestionar a biomasa nas parcelas afectadas polas redes secundarias de faixas.
En caso de incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello poderá proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais contemplados legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución Española.
No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, unha vez transcorrido o prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.
En caso de incumprimento poderá iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
Para máis información pode contactar co Concello por teléfono no 982 402 501.
O que se fai público para xeral coñecemento, en Monforte de Lemos, na data da sinatura dixital.




