Feria Medieval de Monforte

Feira Medieval de Monforte

Feira Medieval de Monforte celébrase a fin de semana de Semana Santa. Neste 2024 chega á súa XX edición. Esta cita turística de referencia atrae durante dous días a centos de persoas que pasean as rúas e prazas da zona vella vestidas de época e participan das diferentes actividades. Os postos de artesanía e gastronomía decoran as rúas e sucéndese os espectáculos de cetraría, malabares con lume, tiro con arco, actuacións musicais….

Este ano a Feira terá lugar os días 30 e 31 de marzo.

Prazos e requisitos de inscrición

As bases recollen o procedemento de solicitude, documentación que se debe achegar, así como aspectos relacionados coas características dos postos, a decoración dos mesmos,  a utilización de materiais nas súas estruturas, o prezo e os horarios de apertura e peche.

Segundo se especifican nas citadas bases, o 15 de febreiro remata o prazo de inscrición, e o día 1 de marzo publicarase na páxina web municipal (www.monfortedelemos.es) a listaxe de admitidos e admitidas, data na que tamén se indicará a forma de facer efectivo o prezo de inscrición.

A organización da XX Feira Medieval admitirá tres modalidades de postos: gastronomía, artesanía e comercio. E, do mesmo xeito, darase prioridade ás solicitudes de vendedores e vendedoras de Monforte, así como aqueles postos de artesanía con carta de artesán ou artesana.

O prezo dos postos de artesanía e comercio será de 41,19 € para os que midan ata 3 metros de longo e de 51,54 € para os que pasen desta medida. Os postos gastronómicos deberán ingresar 61,89 € independentemente do seu tamaño.

No transcurso da Feira Medieval, o horario de apertura dos postos inscritos será ás 10:00 horas e o peche dos mesmos será entre as 21:00 e 23:00 horas,

Na Sede Electrónica da entidade (sede.monfortedelemos.es) pódese realizar a inscrición on line. Para elo deberá de dispoñer do certificado dixital ou DNI electrónico. O procedemento de inscrición atópase na área de Tramitación (modalidade: Cultura).

Máis información na Oficina de Promoción Económica e Emprego do Concello (Casitas da Compañía), nos teléfonos: 698181551 e 982884775 e no correo: feiramedieval@concellodemonforte.com

Documentos de interese:

Bases participación XX Feira Medieval Monforte 2024

Regulamento XX Feira Medieval Monforte 2024

Solicitude participación XX Feira Medieval Monforte 2024

 

O Concello de Monforte programa dentro da XX Feira Medieval do 2024 estes concursos:

  1. -IX CONCURSO DE DECORACIÓN DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS E HOSTALEIROS
  2. -VIII CONCURSO DE DECORACIÓN DE BALCÓNS
  3. -XI CONCURSO DE TRAXES MEDIEVAIS

Os prazos para realizar a solicitude de participación nestes concursos é do 1 ó 26 de marzo no rexistro xeral do Concello.

Arquivos de descarga:

  Inscrición concursos XX Feira Medieval

  Bases XI concurso de traxes medievais 2024

  Bases IX concurso de decoración establecementos comerciais e hosteleiros 2024

  Bases VIII concurso de decoración de balcóns 2024

 

Concurso de Axudas para a confección de traxes medievais

 Convocatoria e requisitos