Benvido á web Oficial do Concello de Monforte de Lemos
O Concello de Monforte visibiliza o Día mundial do Síndrome de Turner iluminando este venres de fucsia a Torre da Homenaxe
Monforte de Lemos, 27 de agosto de 2026. O Concello de Monforte súmase á conmemoración do Día mundial do Síndrome de Turner, o 28 de agosto, iluminando a Torre da Homenaxe de cor fucsia mañá venres, coincidindo con esta data. O síndrome de Turner é un trastorno xenético que afecta ao...O V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos despídese esta noite con dúas actuacións na Praza de España
Monforte de Lemos, 27 de agosto de 2026. A Praza de España de Monforte acolle esta noite a derradeira cita do V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos, unha iniciativa do Concello de Monforte que forma parte do Programa do Verán Cultural e que ten por obxectivo poñer en valor o talento local e...O Alcalde anuncia o inicio da exposición pública do proxecto da senda peonil que creará un corredor verde de máis de 4 km en Monforte
Monforte de Lemos, 27 de agosto de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia o inicio do período de exposición pública do proxecto de restauración ambiental e construción da senda peonil que percorrerá as marxes dos regatos das Malloadas, Penela e Zapardiel, cunha lonxitude superior aos...O Alcalde inaugura a XXVII Feira do Libro de Monforte, que converterá a rúa Cardeal nun punto de encontro coa literatura
Monforte de Lemos, 26 de agosto de 2026. O Alcalde, José Tomé Roca, inaugurou esta tarde a XXVII Feira do Libro de Monforte, que se celebra desde hoxe e ata o sábado 29 na zona peonil da céntrica rúa Cardeal. Este evento literario forma parte do programa Verán Cultural do Concello de Monforte e...Continúa o V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos con novas actuacións nas prazas da cidade
Monforte de Lemos, 26 de agosto de 2026. A Praza da Estación de Monforte acolleu onte unha nova actuación dentro do V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos, unha iniciativa do Concello de Monforte que forma parte do Programa do Verán Cultural e que ten por obxectivo poñer en valor o talento...O Concello de Monforte destina unha partida de 35.000€ para axudar ás familias cos gastos do inicio do curso escolar
Monforte de Lemos, 25 de agosto de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia que a Xunta de Goberno Local aprobou na sesión deste luns, 24 de agosto, a concesión das axudas destinadas á adquisición de libros de texto e material escolar complementario para o curso escolar 2026/2027, das...O Alcalde informa do inicio do expediente para a adxudicación do servizo de cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela
Monforte de Lemos, 24 de agosto de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do inicio do expediente para a contratación do servizo de cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela, que se porá en marcha proximamente. A Xunta de Goberno Local deste luns 24 de agosto acordou aprobar o...O Concello concede 8.000€ en axudas a catro entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades de carácter social
Monforte de Lemos, 24 de agosto de 2026. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da resolución da convocatoria de axudas dirixidas a asociacións ou entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actuacións no ámbito dos servizos sociais e da inclusión social no ano 2026. A Xunta de...Aínda non se creou contido para a páxina principal.



