Oferta educativa municipal
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O ACCESO Ó CONSERVATORIO MUNICIPAL
O prazo de inscrición para o acceso ó Conservatorio Municipal de Monforte “Mestre Ibáñez” para o curso académico 2021/2022 ábrese a partir do vindeiro luns día 7 de xuño.
Prazos para a presentación de solicitudes
O prazo para inscribirse na proba acceso ó 1º curso de grao elemental (proba de aptitude musical) será do día 7 ó 22 de xuño.
A inscrición será gratuíta e poderase facer presencialmente (coas medidas de seguridade e hixiene determinadas polas autoridades sanitarias por mor do Covid-19) na Secretaría do Conservatorio Municipal ou ou descargando a solicitude de proba de acceso na Sede Electrónica ou da web do Concello de Monforte, enviándoa debidamente cuberta ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com.
As probas terán lugar o día 23 de xuño ás 17:00 horas, de maneira presencial.
O prazo para inscribirse na proba de acceso ó 1º curso de grao profesional (pase de grao) será do día 7 ó 18 de xuño.
A inscrición poderase facer presencialmente (coas medidas de seguridade por mor da Covid-19) na Secretaría do centro ou descargando a solicitude de proba de acceso e o impreso de autoliquidación na Sede Electrónica ou na páxina web do Concello de Monforte, enviándoa debidamente cuberta e co extracto do recibo pagado das taxas ó correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com.
Estas probas de pase de grao terán lugar o día 21 de xuño ás 16 horas, de maneira presencial.
Finalmente, a inscrición en Preconservatorio, materia que vai dirixida a nenos/as de entre 6 e 7 anos a modo de cursos preparatorios para o grao elemental do conservatorio, realizarase do 7 ó 25 de xuño e do 6 ó 17 de setembro. A inscrición poderase facer presencialmente (coas medidas de seguridade) na Secretaría do Centro.
O prazo de renovación de matrícula para os alumnos que xa estudan no centro, (incluído preconservatorio) para o vindeiro curso 2021/22, estará aberto do día 7 ao 25 de xuño. A inscrición poderase facer presencialmente (coas correspondentes medidas de seguridade) na Secretaría do Centro.
Para mais información, poden contactar co Conservatorio Municipal a través do teléfono 982403893, en horario de atención ó público de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas.
Protocolo de seguridade ante a COVID-19
Un dos aspectos esenciais sobre os que o Equipo do Goberno traballou para garantir o éxito na organización e desenvolvemento dos Cursos de Música e Danza deste ano, foi o establecemento de protocolos de seguridade e hixiene fronte o COVID-19.
Así, deseñouse un protocolo de actuación para seguir escrupulosamente, acorde coas medidas prescritas polo Ministerio de Sanidade e en colaboración cos profesores do Conservatorio.
Así, as medidas serán as seguintes:
- A entrada e saída ó centro farase de xeito gradual, gardando a distancia interpersoal.
- Na ocupación das aulas ou escenario de ser o caso, a distancia interpersoal mínima entre o alumnado será de 1,5 metros.
- O desprazamento dos alumnos e alumnas polos pasillos do centro reducirase ao mínimo, organizándose as entradas e saídas das aulas con distancia interpersoal e escalonada.
- Realizarase unha hixiene cotiá e minuciosa das mans.
- Nos baños do centro haberá dispensadores de xabón, papel de secado desbotable e secadores de mans.
- Tanto á entrada do centro como nas aulas, colocarase un dispensador de xel hidroalcohólico.
- Os alumnos e alumnas usarán obrigatoriamente mascarilla que deberán usar nas respectivas clases, agás os que se inscriban en instrumentos de vento, que as deixaran de usar no momento que teñan que emitir o son, a modo individual.
- O Concello, por medio do profesor ou profesora, facilitará mascarillas a aqueles alumnos e alumnas que non dispoñan delas.
- Colocarase papel desbotable nas aulas e solución desinfectante, para que profesores e alumnos poidan proceder a desinfectar o seu material de traballo, atril, pupitre (de ser o caso) e espazo persoal ao abandonar a aula. Os alumnos que teñan que eliminar secrecións respiratorias utilizarán tamén o papel desbotable que deberán arroxalo a unha papeleira axeitada.
- Deberá evitarse estreitar as mans e o contacto físico.
- Se un alumno ou alumna ten síntomas sospeitosos no centro ou estes son detectados polo profesor, será retirado a unha aula individual e comunicarase inmediatamente a familia e ó Concello.
ENLACES PARA DESCARGA DE DOCUMENTOS:
Solicitude Proba Acceso Conservatorio Monforte 2021 2022
Formulario Autoliquidación Conservatorio
CONSERVATORIO PROFESIONAL MUNICIPAL DE MÚSICA “MESTRE IBÁÑEZ”
Edificio Multiusos Concello de Monforte / Ronda María Emilia Casas Baamonde, s/n - 27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Teléfono: 982 403 893
Horario de secretaría: de 10.00 h a 13.00 h de Luns a Venres
Especialidades:
Iniciación á música, Grao profesional de música-Clarinete, Grao profesional de música- Frauta Traveseira, Grao profesional de música-Guitarra, Grao profesional de música-Percusión, Grao profesional de música-Piano, Grao profesional de música-Trombón, Grao profesional de música-Trompa, Grao profesional de música-Trompeta, Grao profesional de música-Tuba, Grao profesional de música-Viola, Grao profesional de música-Violín.
Máis información aquí
INFORMACIÓN ACADÉMICA
Ábrese o Prazo de Inscrición para acceso ó Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez
Programación Didáctica. Adaptacións 3º Trimestre Curso 2019-2020
Probas acceso 1º curso grao profesional curso 2020-2021
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA
Especialidades:
En música, complétase o ensino instrumental con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos que se organicen na escola. As especialidades de baile de salón, ballet clásico e danza moderna quedan supeditadas a que haxa un número suficiente de alumnado inscrito en cada curso.
Establécese un mínimo de 15 alumnos en cada disciplina.
Danza tradicional galega (todas as idades) |
Danza moderna (a partir de 9 anos) |
Ballet clásico (a partir de 5 anos) |
Baile de salón (adultos) |
Nas distintas especialidades de danza, ademais de clases convencionais, pódese participar en eventos culturais cos distintos grupos que se formen.
MÚSICA |
DANZA |
Percusión (batería e percusión latina) |
Danza tradicional galega (todas as idades) |
Percusión galega (pandeireta, tamboríl, bombo e pandeiro) |
Danza moderna (a partir de 9 anos) |
Teclado e Acordeón |
Ballet clásico (a partir de 5 anos) |
Guitarra española, Guitarra eléctrica |
Baile de salón (adultos) |
Gaita, Clarinete, Flauta traveseira, Saxofón |
|
Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba |
|
GRUPOS MUNICIPALES DE MÚSICA E DANZA
Banda e grupo de gaitas
Creada en 1993 - Director: D. Emilio Estévez Núñez
Actuacións máis destacadas: Madrid, Zaragoza, Valencia, Pontevedra, Almansa, Santiago de Compostela, Asturias, Oporto (Portugal), Martigny (Suiza), Bayreuth e Frankemberg (Alemania), Brioude (Francia), Turín (Italia), TVG, Fuengirola, Zamora, Cidade Real, Amberes (Bélgica), Quimper (Bretaña-Francia), Nuoro, …
Coral polifónica
Creada en 1997 - Director: D. Fernando Sanmartino Pérez
Número de voces: 55 /16 sopranos -14 contraltos -9 tenores -11 baixos
Actuacións máis destacadas: Martigni (Suiza), Rennes (Francia), Nuoro (Cerdeña), TVG, Asturias, Zamora, Quimper (Bretaña-Francia), Nuoro e Galicia. No ano 2001 gravou un C.D. con música variada.
Grupos de baile da Escola de danza tradicional
Creados en 1992 - Directora: Dª Teresa Álvarez Rodríguez (desde 2005)
Actuacións máis destacadas: España: TVE e TVG, Zaragoza, Valencia, Pontevedra, Sarria, Almansa, León, Miranda de Ebro, Toreno, Ribadesella, Bembibre, Valladolid , Fuengirola, Zamora e Torrelavega. Portugal: Lanheses, Ponche de Lima, Peso dá Regoa, Braga, San Torcuato, Guimaraes, Chaves, Porto, Rio Meao, Leiria, Valença, Viana do Castelo e San Paio de Oleiros (Portugal). Resto de Europa: Bayreuth e Frankemberg (Alemania), Turín (Italia), Rennes e Brioude (Francia), Martigny (Suiza), Amberes (Bélxica).
Banda de música
Presentación en Xuño de 1998 - Director: D. Fernando Sanmartino Pérez
Formada por 34 componentes
Actuacións máis destacadas: Festivais do Concello, por toda a comunidade galega e TVG.
Grupo de cantareiras e pandereteiras
Creado en 2005 - Director: D. Emilio Estévez Núñez
Actuacións máis destacadas: Festivais do Concello e Festas Populares.
UNED - UNIVERSIDADE NACIONAL DE EDUCACIÓN A DISTANCIA
Casa da Cultura. Praza de España 3. 27400 Monforte de Lemos.
Telf: 982.41 62 36 - Correo electrónico: monforte@lugo.uned.es
Horario Lectivo: Luns a Venres de 9:00 h a 11:00 h. e de 16:00 h a 21:00 h.
Horario non Lectivo: Luns a Venres de 8:30 h a 14:00 h.
Na nosa Aula Universitaria, ademais de contar con servizo administrativo (información, realización de matrículas, asesoramento para becas, certificacións, carnés de alumno, compulsas...), impártense titorías presenciais do Curso de Acceso para maiores de 25 e 45 anos, os Graos de Psicoloxía e Educación Social e, a través de videoconferencia e online, do resto de Graos que oferta a UNED, previa petición dos alumnos. Dispoñemos de Biblioteca, servizo de préstamo a domicilio e préstamo interbibliotecario, Aula de Informática, acceso a Internet e WI-FI. @s matriculad@s na UNED e toda persoa que o desexe poden asistir aos interesantes cursos de Extensión Universitaria que se ofertan durante o curso académico así como aos Cursos de Verán para ampliar os seus coñecementos en distintos campos.
Accede á web de UNED en Monforte
ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE MONFORTE
Rúa de Leopoldo Calvo Sotelo, 65, 27400 Monforte de Lemos, Lugo
Telf: 982 82 89 91
Idiomas: alemán, francés, inglés, italiano.
Accede á web da EOI en Monforte