A Oficina Municipal de Rehabilitación de Monforte de Lemos é froito do convenio co I.G.V.S. (Instituto Galego de Vivenda e Solo) asinado en novembro do 2003. No Convenio establécese que a oficina encargarase de asesorar e xestionar as actuacións de rehabilitación en materia de vivenda na Área de Rehabilitación Integral (ARI) de Monforte de Lemos. Comeza a funcionar o 3 de maio de 2004.
A Oficina xestiónase con persoal da empresa Natalia Díaz López, adxudicataria do concurso e está integrada por:
Unha arquitecta, directora da Oficina
Un arquitecto técnico
Un delineante
A oficina encárgase de:
- Xestión das axudas dentro da zona ARI (Área de Rehabilitación Integral).
- Axudas en vivendas: Rehabilitación integral, elementos comúns e habitabilidade.
- Xestión das axudas dentro do Casco Histórico: Rehabilitación de edificios, vivendas en conxuntos históricos e Axudas xerais de vivendas (antigüidade máis de 15 anos)
- Trámite dos expedientes a Patrimonio de obras dentro do Casco Histórico.
- Trámite da documentación necesaria para a obtención da licenza municipal.
- Trámite da documentación necesaria para a obtención das axudas (Instituto Galego de Vivenda e Solo).
- Redacción da documentación técnica necesaria.
- Elaboración de orzamentos de rehabilitación (obras menores).
- Seguimento e asesoramento técnico nas obras de rehabilitación.
- Información doutras axudas á vivenda (rural, infravivenda,.....) ...e TODO o relacionado con obras e intervencións dentro do Casco Histórico.
CONSULTA O PLANO DA ARI (Área de Rehabilitación Integral) do Concello de Monforte de Lemos.
As zonas están marcadas do seguinte modo:
Perímetro VERDE: Zona Histórico-Artística
Sombreado AMARELO: Zona ARI (Área de Rehabilitación Integral)
Perímetro MORADO: Zonas de Respecto (Ramberde, Carude, Praza do Piñeiro, Ribeira do Río Cabe)