Mercado de día

Mercado do día

É onde se atopan os postos habituais e diarios de produtos frescos: carnes, pescados, froitas, verduras, pan, queixos e embutidos, produtos gourmet .... rexentados por comerciantes selectos que ofrecen a mellor calidade-prezo aos seus clientes, ao longo de toda a semana.

No mercado da Praza de Abastos de Monforte, na actualidade están a traballar seis postos de venda. Todos eles teñen puntos de venda dende os que ofertan produtos en canais curtos de comercialización, produtos de proximidade ou/e ecolóxicos e produtos agroalimentarios con Denominacións de Orixe Protexidas ou con Indicación Xeográfica Protexida.

 

1.- Terras de María Castaña

Neste posto, atopamos froitas e verduras, así como unha ampla variedade de produtos envasados e embotellados autóctonos (viños, aceites, cervexas, mel, conservas, marmeladas....).

Venden produtos propios, da súa propia explotación agrícola, así como comercializan os produtos producidos en explotacións hortícolas da Comarca de Lemos.

2.- Carnicería Esther Castro Antelo

Vende carne de produción propia, así como algún embutido envasado, tamén de produción propia: xamóns, chourizos e salchichóns. Este posto comercializa tenreira galega, nalgúns casos de produtores coa certificación de Indicación Xeográfica Protexida.

Toda a carne é directamente mercada aos produtores, tanto tenreira, coma porco e cordeiro. A produción propia que ten, sobre todo en cordeiro, está no concello de O Incio- Laiosa (Lugo).

 

3.- Panadería Salomé, S.L.

Vende pan e doces artesanais, empanadas, todo  de produción propia, elabora centeo, trigo e integral. Os seus produtos son elaborados no obradoiro da panadería ubicado a 50 metros da Praza de Abastos, na rúa Panadeiras de Monforte.

No ano 2018 foi considerada a mellor panadería da provincia de Lugo e entre as tres mellores de Galicia e 80 de España. Forma parte da “Ruta Española del  Buen Pan” pola revista Panorama Panadero.

 

4.- Pollería Rogelio, C.B.

Comercializa ovos de produción propia das súa explotación de galiñas poñedoras en Monforte, tamén comercializa carne de polo, pavo e coello que merca a empresa COREN de Ourense.

 

5.-  “O Colmado”, produtos gourmet.

Vende produtos todos de calidade excelente, polo que podemos atopar tanto produtos ecolóxicos, como de proximidade e de canais curtos de comercialización, así como de Indicación Xeográfica Protexida.

Bacallaus, chocolates, queixos, manteigas, conservas, galletas e repostería, mel, viños, aceites..... son só algúns dos produtos que atopamos neste posto.

 

6.- Peixería “Da lonxa ao prato”

 É a peixería oficial da Cofradía de pescadores da Pobra do Caramiñal, contan co selo oficial da Xunta de Galicia “PescadeRías”, e a lonxa de Ribeira constitúe a orixe da maior parte dos peixes e mariscos que se comercializan neste posto, procedendo directamente da pesca artesanal e da frota de baixura da costa de Galicia.

Trátase de produtos cunha trazabilidade totalmente garantida, mediante etiquetas nas cales se amosa a súa orixe, método de captura, especie ...O cliente incluso pode coñecer o nome da embarcación que capturou o produto que leva á súa mesa.

Dispoñen de depuradora e cetárea propias, o que lles permite ofrecer os mellores mariscos vivos, de xeito directo e sen intermediarios.