Instalacións

Instalacións

Pista polideportiva Doutor López Suárez

 

ÁREAS MULTIDEPORTIVAS

Pista Polideportiva Doutor López Suárez

Pista de superficie asfáltica de 45 x 22 m. cadrados. Actividade principal: fútbol sala e baloncesto. De libre acceso, non requere reserva previa.

Rúa Doutor López Suárez, s/n  27400 Monforte de Lemos

 

 

 

 

Pista Polideportiva Parque da Compañía

 

 Pista Polideportiva Parque da Compañía

Campo da Compañía, s/n  27400 Monforte de Lemos

Pista de superficie sintética de 45 x 22 m. cadrados. Actividade principal: Baloncesto e Fútbol sala. De libre acceso, non require reserva previa.

 

 

 

 

 

COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL DA PINGUELA

Piscina Climatizada Municipal A Pinguela

 

Este espazo oferta tanto o nado libre como cursos de natación e actividades dirixidas.

Dispón de dous vasos, un de 25 x 12,5 m. e 6 rúas para o nado, e outro de 12,5 x 6 m. para iniciación.

 

Horario de apertura

  • Luns a venres de 7:30 a 14:00 h. e de 15:00 a 23:00 h.
  • Sábados de 10:00 a 14:00 h.
  • Domingos e festivos de 10:30 a 14:30 h

 

 

Pavillón Polideportivo

  • Composto por cancha polideportiva de 1.200 m2, 6 vestiarios, ximnasio para adestramento de clubs deportivos e bancada para 1.200 persoas. Conta con pavimento sintético e iluminación artificial.

Horario de apertura:

  • Luns a venres de 16:00 a 00:00 h
  • Sábados, domingos e festivos: en función das competicións deportivas e eventos.

 

 

 

Estadio Municipal de fútbol

 

Campo Municipal de Fútbol e Pista de Atletismo

Estrada de Sober, s/n - 27400 Monforte de Lemos

Características: Campo de Fútbol 11 con bancada e iluminación. Pavimento de herba natural. Pista de Atletismo de 400 m de corda. Pista con 6 rúas e zonas de lanzamento e salto.

Horarios de apertura Pista de Atletismo:

  • Luns a venres de 8:00 a 22:00 h.
  • Sábados de 10:00 a 22:00 h.
  • Domingos e festivos: 10:30 a 14:30 h.

 

Pistas de Tenis Municipais

2 pistas de tenis de formigón poroso. Este espazo conta cun servizo de reservas online dispoñible en www.sporttia.com ou na app de sporttia.

O procedemento para realizala reserva é o seguinte:

  1. Darse de alta como usuario/a en www.sporttia.com ou na app de sporttia.
  2. Localizar as instalacións deportivas do Concello de Monforte e realizar a reserva da pista e o horario que interese.
  3. No momento de realizar a reserva e pagar o importe correspondente asignaráselle un CÓDIGO PIN que terá que empregar para acceder ao recinto deportivo a través do teclado numérico que hay na porta da instalación.

Horario de apertura:

  • Luns a domingo de 9:00 a 23:00 h

 

MEDIOS DE CONTACTO CO COMPLEXO DEPORTIVO:

-Teléfono: 982 202 965

-Email: info.apinguela@ideasdebolina.es

 

 

Campo Municipal Luis Bodegas

Campo Municipal "Luis Bodegas"

Rúa Duquesa de Alba, s/n 27400 Monforte de Lemos

Instalación adicada á práctica do fútbol. Pavimento sintético, iluminación e bancada. Dispón de 1 campo de fútbol 11 (con posibilidade de habilitar 2 campos de fútbol 7) e 1 campo de fútbol 7 independente. Ximnasio e 6 vestiarios. 
Horarios: De Luns a Venres de 17:00 h a 23:00 horas. Sábados e Domingos en función da actividade competitiva.

 

 

INSTALACIÓNS CONVENIADAS

Son instalacións pertencentes a centros de ensino que o Concello emprega ocasionalmente para as súas actividades deportivas. O Concello establece con estes centros, convenios de colaboración ao respecto.

  • Pabellón CEIP A Gándara

Rúa María Paz de Tor, s/n 27400 Monforte de Lemos

Cancha polideportiva de 1.200 metros cadrados con pavimento de plaqueta e iluminación. Uso principal, a práctica de fútbol sala.

  • Pabellón IES Río Cabe - IES Daviña Rey

Rúa San Pedro, 12. 27400 Monforte de Lemos

Cancha polideportiva de 1.200 m. cadrados con pavimento de hormigón e iluminación. Usos principais: fútbol sala, baloncesto e ximnasia rítmica