Puntos de recollida

Puntos de recollida

 

PUNTO LIMPO

O Punto Limpo de Monforte de Lemos está no recinto do Mercado Gandeiro, na Estrada de Currelos.

HORARIO

LUNS

MARTES

MÉRCORES

JXOVES

VENRES

SÁBADO

DOMINGO

15:00 a 19:00

09:00 a 13:00

15:00 a 19:00

09:00 a 13:00

15:00 a 19:00

PECHADO*

PECHADO

punto limpo

*Meses de Xuño, Xullo, Agosto e Setembro aberto Sábados de 11.00h a 13.00h

Son moitos os residuos especiais que non se deben depositar nos diferentes tipos de colectores repartidos pola cidade. Residuos que polo seu volume ou toxicidade, ou pola frecuencia da súa produción, esixen unhas instalacións de recolleita particulares. O destino destes residuos é o Punto Limpo, desde aquí farase unha xestión diferenciada para previr as consecuencias negativas que poden xerar por si mesmos ou pola contaminación secundaria dos subprodutos da reciclaxe ou compostaxe.

 

 

centro verdeCENTRO VERDE

O Centro Verde sitúase nun terreo pechado de 3.000 m2 no Polígono Industrial do Reboredo de Monforte.

A parcela está dividida en dúas plataformas a distinto nivel, unha delas elevada 1,50 metros por enriba da outra, de tal modo que aparecen separadas as zonas de descarga para a recepción de residuos e a zona de carga dos contedores, co desnivel adecuado para facilitar o vertido. A plataforma máis elevada será a empregada polos usuarios para realizar a descarga dos residuos, accedéndose a ela por unha entrada na mesma plataforma. A inferior será empregada polos vehículos de retirada do material. Na entrada/saída da parcela sitúase a báscula equipada con ordenador e software de control e a caseta de control. Na plataforma superior sitúase un almacén para a recepción dos residuos perigosos que se poderán admitir no PLIMF dacordo con este prego. O equipamento complétase con 13 contedores de 28 m3 con gancho estándar para carga con equipos tipo multilift.