PROGRAMA DEPORTIVO DE VERÁN CONCELLO DE MONFORTE 2022
O Concello de Monforte organiza, para o verán de 2022, unha serie de actividades motivado principalmente polas necesidades de conciliación familiar dos monfortinos e monfortinas así como para que nenos e nenas, rapaces e rapazas, poidan gozar dunhas vacacións activas practicando actividades lúdicas de xeito saudable.
As actividades ofertadas para o verán 2022 son:
- Campamento deportivo de verán
- XVI campus de fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo
- Cursos de tenis
- Cursos de natación na piscina climatizada municipal
CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN:
Esta actividade pretende aproveitar a recreación deportiva como ferramenta na ocupación do tempo libre e de lecer dos nenos e nenas.
O Campamento está distribuído en 3 quendas:
- do 1 ao 15 de xullo
- do 18 ao 29 de xullo
- do 1 ao 12 de agosto
O horario de cada unha das quendas é de luns a venres de 10:00 a 14:00 h.
No transcurso de cada unha das xornadas de actividade as persoas participantes desfrutarán realizando actividades multideportivas, tanto a cuberto como ao aire libre, excursións e talleres diversos.
Nesta actividade poderán participar nenos e nenas nados/as entre o 01.01.2010 e o 31.12.2017
Para todas as persoas que o precisen habilitarase un servizo de transporte tanto para a ida como para a volta da actividade (ver percorrido e paradas).
O custe de cada unha das quendas do campamento é o seguinte:
- Matrícula sen trasporte: 51,75 € por quincena.
- Matrícula con transporte: 67,28 € por quincena
Ás familias numerosas terán un desconto do 50 %.
Resérvanse 6 prazas para persoas con discapacidade superior o 33 % e 8 prazas a disposición dos Servizos Sociais do Concello de Monforte, en cada unha das quendas.
ACCESO Ó FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN
XVI CAMPUS DE FÚTBOL CIDADE DE MONFORTE:
O Concello de Monforte organiza a décimo quinta edición do Campus de Fútbol Cidade de Monforte – R.C. Celta de Vigo, que ten como obxectivo que nenos e nenas, rapaces e rapazas, poidan gozar dunhas vacacións activas practicando deporte, ademais de ter a oportunidade de facelo da man de monitores que traballan dentro da estrutura dun Club de Fútbol Profesional como e o R.C. Celta de Vigo.
Esta actividade celebrarase entre os días 1 e 5 de agosto en horario de 10:00 a 13:00 h. no Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas.
Trátase dunha actividade dirixida a nenos e nenas nados/as entre o 01.01.2008 e o 31.12.2015
O custe da actividade é de 26,91 €. As familias numerosas terán un desconto do 50 %
Resérvanse 6 prazas para persoas con discapacidade superior o 33 %
ACCESO Ó FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN
CURSOS DE TENIS
Os cursos de tenis están distribuidos en 3 quendas:
- do 1 ao 15 de xullo
- do 18 ao 29 de xullo
- do 1 ao 12 de agosto
O horario das clases en cada unha das quendas será os martes e xoves non festivos (clases de 1 hora de duración a partir das 10:00 h.)
O custe da actividade é de 20,70 €. As familias numerosas terán un desconto do 50 %
O lugar de celebración serán as Pistas Municipais de tenis da Pinguela.
ACCESO Ó FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN
SOLICITUDE E PRAZO DE PRESENTACIÓN:
O procedemento de solicitude de participación no "campamento de verán", no "campus de fútbol" e/ou nos "cursos de tenis" é o seguinte:
- As persoas interesadas en participar deberán facer unha preinscrición de xeito telemático a través da páxina web www.monfortedelemos.es entre o 23 e o 31 de maio.
- Publicación de lista de persoas preinscritas o día 3 de xuño.
- Sorteo de prazas, no caso e ser necesario, o día 6 de xuño. No sorteo estará presente un/unha funcionario/a municipal que dará fe do resultado do sorteo.
- Publicación de lista de persoas admitidas e lista de espera, o día 8 de xuño.
- Inscrición definitiva (con aportación da documentación requirida segundo o artigo 5), aboamento da matrícula e xestión de lista de espera entre o 9 e o 17 de xuño. A inscrición definitiva poderá facerse de dous xeitos:
- Enviando toda a documentación requirida por correo electrónico ó enderezo deporte.veran@concellodemonforte.com
- Presentando toda a documentación requirida nas Oficinas Municipais de Deportes ou Xuventude sitas nas Casitas da Compañía.
6.Entre o 20 e o 27 de xuño, publicación e inscrición en prazas vacantes.
CURSOS DE NATACIÓN NA PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL:
Na piscina climatizada municipal organízanse cursos de natación, durante os meses de xullo e agosto dirixidos tanto a nenos e nenas como a persoas adultas.
Os cursos de categoría infantil e nenos serán intensivos por quincenas con clases de luns a venres, mentres que os cursos dirixidos a bebes e adultos serán mensuais con dúas clases á semana.
Para levar a cabo as inscricións nalgún dos cursos ofertados as persoas interesadas deberán acudir á Piscina Climatizada Municipal a partir do 20 de xuño, as persoas aboadas, e a partir do 23 de xuño as non aboadas.
Documentación para descargar:
Normas e Recomendacións Campamento 2022
Composición de Grupos 1ª Quincena Campamento de Verán 2022
Formulario de Matrícula Curso de Tenis 2022
Acta Sorteo Prazas Actividades Verán 2022
Formulario de Matrícula para o Campus de Fútbol 2022
Formulario de Matrícula para o Campamento de Verán 2022
Listado Preinscritos Cursos de Tenis 2022
Listado Preinscritos Campus de Fútbol 2022
Listado Preinscritos Campamento 2022
Información Campamento Deportivo de Verán 2022
En qué consiste o Campamento Deportivo
Información XVI Campus de Fútbol Cidade de Monforte Celta de Vigo
Información Cursos de Tenis Verán 2022