Conciliación

Conciliación

BANCO DE TEMPO

O Banco de Tempo é un sistema de intercambio destinado a subministrar servizos e/ou coñecementos nos que o valor de cambio é o tempo e a unidade de medida é a hora. Ten por finalidade favorecer ás persoas a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral. Diríxese a todas as persoas interesadas, só hai que ser maior de idade, estar empadroad@ no Concello de Monforte de Lemos e cubrir a solicitude de adscrición / baixa e catálogo de servizos. Para inscribirse necesitan: fotocopia do D.N.I. ou N.I.E. se é o caso, certificado de empadroamento.
O prazo de inscrición está aberto durante todo o ano.
Cómo inscribirse: deben de solicitar cita previa no CIM (horario de Luns a Venres de 8.00 a 15.00. Teléfono: 982 416 350 Fax: 982 416 357. e-mail: cim@concellodemonforte.com

 

As persoas interesadas inscríbense:mayores

Ofertando os seus servizos ou coñecementos.
Indicando o tempo do que dispoñen. 
Demandando outros servizos ou coñecementos que necesiten.

O Banco de Tempo ten como finalidade:
Aprender algo novo.
Ensinar o que sabemos facer.
Compartir experiencias.
Coñecer xente.
Realizar actividades que che gusten.
Estar en contacto con outras persoas e comezar novas relacións.

 Decreto polo que se establece a promoción autonómica das medidas municipais de conciliación

Catálogo de servizos

Carta de adhesión

Solicitude de baixa

 

GARDERÍA MUNICIPAL (ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL)

A Gardería Municipal ofrece servizo todo o ano de Luns a Venres en horario de 7.50 a 18.00. Está dirixida á poboación infantil de 3 meses a 3 anos de idade. Ten capacidade para 41 usuari@s contando coas seguintes unidades:
1 UNIDADE de 0 a 1 anos con capacidade para 8 usuari@s.
1 UNIDADE de 1 a 2 anos con capacidade para 13 usuari@s.
1 UNIDADE de 2 a 3 anos con capacidade para 20 usuari@s.

ABC

Requisitos

@s nen@ solicitantes, así como algunha das seguintes persoas: pai, nai, titor/a ou representante legal, deben estar empadroad@s no Concello de Monforte de Lemos, ter cumpridos os 3 meses de idade na data de ingreso, non ter cumpridos os 3 anos de idade o 31 de Decembro do ano no que se solicita a praza.A documentación de inscricións, matrículas e baixas debe de presentarse no Rexistro Xeral do Concello.

  Documentación a presentar para preinscricións e matrículas

Preinscrición

Para iniciar o procedemento de matrícula debe realizarse previamente unha solicitude de reserva de praza:

Solicitude de Reserva de Praza por RenovaciónPrazo de presentación: do 1 ao 31 de marzo, ambos inclusive.
Solicitude de Reserva de Praza por novo ingreso. Prazo de presentación: do 1 ao 30 de abril,  ambos inclusive.

Reserva de Praza por novo ingreso Curso 2023-2024

Reserva de Praza por renovación Curso 2024-2025

MatrículaKids

@s nen@s admitid@s, tanto polo proceso de preinscrición de reserva de praza como por novo ingreso, terán que formalizar a matrícula. Prazo de Matrícula do 1 ao 15 de xullo ambos inclusive. Para as familias con nen@s admitid@s deberán cubrir e presentar a solicitude. Se terminado o prazo de matrícula non se formalizara ésta, decaerá o dereito á praza obtida.​

Solicitude Matrícula Curso 23-24

 

Baixas

Poderase producir baixa na Gardería Infantil por calquera destas causas: por solicitude d@s pais/nais, titor@s ou representantes legais, por falta de pago da cota establecida durante 2 meses consecutivos ou 3 alternos, calquera que sexa o curso escolar ao que se refire a débeda, sen prexuízo de reclamación da débeda polo procedemento legalmente establecido, por comprobación de falsidade nos documentos ou datos aportados, por incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no Centro, por falta de asistencia continuada durante un mes sen xustificar.

Impreso Baixa

 

LISTAS CURSO 2023/2024  ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Lista de nenos/as non admitidos curso 2023-2024

Lista de Admitidos/as 0-1anos Curso 2023-2024

Lista de Admitidos/as 1-2 anos Curso 2023-2024

Lista de Admitidos/as 2-3 anos Curso 2023-2024

Lista de Agarda 0-1 anos Curso 2023-2024

Lista de Agarda 1-2 anos Curso 2023-2024

Lista de Agarda 2-3 anos Curso 2023-2024

Máis información aquí