Actividades

OS MAIOS 2026

O vindeiro xoves 7 de maio o Concello de Monforte de Lemos convoca o tradicional concurso dos Maios, a concentración dos maios e a lectura das coplas será na praza de España ás 17:30 h.

As solicitudes para a inscrición no concurso non competitivo dos maios, así como das coplas, deberán presentarse para a súa participación no Rexistro Xeral do Concello de Monforte ata o 4 de maio.

 Premios Maios 2026

 Bases 2026

XXXIII CERTAME MUNICIPAL DE TEATRO PARA CENTROS DE ENSINO DE MONFORTE 2026

xoves 7 de maio comezan as representacións do XXXIII Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte.

Os centros participantes nesta edición son o Colexio P. Ferroviario, o CEIP de Monforte Colexio Novo, os IES A Pinguela, Daviña Rey e Río Cabe e o CEIP A Gándara.

As obras e os días de representación son:

CEIP A Gándara  Acabouse a guerra  7 maio
IES Río Cabe  Esmoleiros  8 maio
IES A Pinguela  A casa  11 maio
Colexio P. Ferroviario  A gatipública  14 maio
IES Daviña Rey  O velorio 18 maio
CEIP de Monforte  Hoxe hai función  19 maio

Todas as representacións son na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro ás 20:00h e a entrega de premios e diplomas será o mércores 27 de maio ás 18:00h.

XXI Concurso de Deseño de Carteis Festas Patronais de Monforte de Lemos 2026

XXI Concurso de Deseño de Carteis Festas Patronais de Monforte de Lemos 2026

 Bases 2026

Dentro das actividades da Delegación de Cultura do 2026 está o XXI CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS FESTAS PATRONAIS, seguindo as bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 16 de marzo de 2026 e rematado o prazo de presentación de orixinais, o xurado reuniuse o luns 11 de maio de 2026 no salón de plenos do Concello para realizar o devandito concurso.

Vistas as bases do CONCURSO DE DESEÑO DE CARTEIS FESTAS PATRONAIS 2026.

O xurado cualificador logo de ver e cualificar todas as obras presentadas emitiu a súa correspondente acta xunto coa relación do premiado.

Pesudónimo: LUZ DA FADA

Nome: JESSICA DENISE BAZAES LATRILLE