Escudo

Escudo

Escudo de Monforte

 

 

A Comisión de Heráldica de Galicia define o escudo oficial de Monforte así: “De prata (branco) un monte de ouro, sumado dunha torre do mesmo, acompañado no centro dunha Tau de gules (vermello) e de seis roeis de azur nos flancos”.

Segundo o informe previo presentado á Xunta polo Concello, a Tau emprégase a lo menos desde 1846 nos documentos municipais como emblema heráldico da cidade, aínda que non se conserva libro de acordos plenarios ao respecto.

A proliferación da Tau en lugares emblemáticos da cidade –suxiren os investigadores- animaría aos xestores municipais a utilizala desde mediados do século XIX.