Exposición Fotográfica "AMERICA UNTITLED" de Adrián Otero Vila

Cartaz Exposición

 

Exposición Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
AMERICA UNTITLED Adrián Otero Vila
Do 16 ao 30 de novembro, inauguración venres 16 ás 19:00 h

 

 

 

 

 

 

"America Untitled" é unha colección de imaxes feitas no oeste americano, por Adrián Otero Vila. O traballo naceu do amor polas paisaxes do oeste dos Estados Unidos, unha admiración que empurrou ao fotógrafo ata o cume de volcáns, desertos remotos, a camiñar centos de quilómetros por bosques, a camiñar sobre lagos conxelados, e a refuxiarse no coche no medio de grandes tormentas de neve.

FOTO 1

Sen importar a situación, e sempre cunha cámara ao lado, "America Untitled" é o resultado de anos de traballo e esforzo, así como miles de millas na estrada nos vastos espazos que un se atopa en sitios coma Oregón, Idaho ou Arizona, ata un total de 25 estados.

"America Untitled" é un traballo de 45 imaxes, feitas cunha cámara analóxica tradicional e empregando película en branco e negro. Unha estrita selección de entre os 250 rollos de formato medio empregados.

Natural de Monforte de Lemos, e tras pasar uns anos en Estados Unidos, o fotógrafo está a mostrar o seu traballo "American Untitled" en Galicia.

FOTO 2