CABALGATA DE REIS

cartel cabalgata reis

 

As súas maxestades os Reis Magos volverán visitar o 5 de xaneiro a nosa cidade para facer realidade as ilusións de nenos e nenas. Chegarán como é costume á Estación do ferrocarril de Monforte nun tren ás 17:30 h sendo recibidos coa música da Escola de Gaitas do Concello, alí saudarán a todos os nenos e nenas que os estean esperando e a continuación percorrerán diversas rúas da cidade ata chegar á Casa do Concello de Monforte de Lemos. A COMITIVA REAL, integrada por catro carrozas cos reis e paxes formados por alumnos de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade, a Banda de Gaitas do Concello e outros grupos musicais e decorativos, farán un percorrido ás 18:30 h dende a Praza da Estación, polas rúas de Leopoldo Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal e a Avda. de Galicia, finalizando no Campo de Santo Antonio ante a Casa do Concello, onde os Reis Magos serán recibidos polo Sr. Alcalde do Concello de Monforte de Lemos e demais autoridades. A continuación as súas maxestades lerán o discurso de reis dende os balcóns do Concello, finalizando a súa visita recibindo ós nenos e nenas na planta baixa do Concello. O Concello agradece a colaboración de Renfe, Adif e Amafer para a realización da Cabalgata de Reis, así como ós centros de ensino CEIP Monforte, PP. Escolapios, Fundación Educativa Torre de Lemos, Colexio P. Ferroviario e CEIP A Gándara.