Teatro na Rede Galega de Teatros e Auditorios/Domingo 24 De Febreiro de 2019

Cartaz Elefante Elegante

 

A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó teatro infantil do primeiro semestre de 2019 iníciase en Monforte de Lemos o domingo 24 de febreiro ás 18:00 h no Edificio Multiusos coa posta en escena da obra PATAPATÚM da compañía ELEFANTE ELEGANTE, obra dirixida por María Torres, Gonçalo Guerreiro e Pablo Sánchez e interpretada por Agustín Bolaños, María Torres e Gonçalo Guerreiro.

O Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. PATAPATÚM propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materias nas relacións entre pais e fillos. As nais e pais cun relativo poder económico, desexando a felicidade dos seus fillos, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estructurante e desenvolver a súa creatividade. Por outra banda, pode acontecer que eses obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os prexenitores teñen para adicar aos seus fillos. O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.