FESTA INFANTIL /NOITE VELLA PARA NENOS -Nadal 2018

Cartel festa infantil nadal 2018

 

O Concello de Monforte de Lemos dentro das diferentes actividades deseñadas pola Delegación Municipal de Cultura para o NADAL 2018, programa para o venres 28 de decembro de 11:00 a 13:00 h na zona de mercados da praza de Abastos, unha FESTA INFANTIL titulada FESTA DE "NOITE VELLA" PARA NENOS. Festa na que os nenos e nenas, baixo o coidado de monitores, disfrutarán dunha festa na que haberá moitos xogos, globoflexia, maquillaxe de nadal, ..., todo cunha animación musical para poder bailar e cantar e así pasalo ben nun día de troula.

Prazas ata completar o aforo.