O Festival Atlántica celebrará o Venres 22 diversas actividades en Monforte

Monforte de Lemos, 15 de marzo de 2019. Festival Atlántica de narración oral, que este ano celebra a súa sétima edición, chega por primeira vez á provincia de Lugo por mor da colaboración coa Deputación de Lugo.

Deste xeito, un grupo de narradores de diversas procedencias desenvolverá entre o 20 e o 23 de marzo unha programación para todos os públicos, con espectáculos para cativos e maiores que terán entrada libre e gratuíta ata completar o aforo.

En Monforte, as actividades desenvolveranse na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o vindeiro venres 22 de marzo en dúas sesións.

A primeira delas terá lugar ás 17:30 h. e está dirixida a un público familiar e infantil. Contará con 2 actuacións: a do poeta e contacontos galego Celso F. Sanmartín, co espectáculo “Contar” e a da artista uruguaia Soledad Felloza con “De Tin Marín”.

Os mesmos artistas serán protagonistas da segunda das actuacións, esta vez a partires das 20:00 h. e dirixidas a un público adulto. Celso F. Sanmartín manterá o nome do seu espectáculo (“Contar”, esta vez para adultos) e Soledad Felloza amosará ao público “O comezo do mundo”.

Info sobre Celso F. Sanmartín

Info sobre Soledad Felloza

 Programa completo da Provincia de LUGO A4