O Apalpador. Nadal 2018

cartel O Apalpador

 

Monforte de Lemos terá o vindeiro sábado 29 de decembro pola mañá, polas rúas da cidade e na zona de mercados da praza de Abastos, a visita do APALPADOR. O Apalpador ,o mítico personaxe da tradición popular galega, nado no Courel, ligado ás festas do Nadal, grandullón, bo, de mirada doce e longas barbas coloradas, que durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, da caza de xabaríns, que recolle mel e fai aparecer coas ramas dos bosques os xoguetes que as madeiras esconden, percorrerá co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas as rúas da nosa cidade de Monforte a mañá do 29 de decembro.