Teatro na Rede Galega de Teatros e Auditorios/Xoves 11 de Abril de 2019

O xoves 11 de abril ás 20:15 h e no Edificio Multiusos terá lugar unha nova cita co teatro para adultos dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios do primeiro semestre de 2019 en Monforte de Lemos.

A compañía MALASOMBRA PRODUCIÓNS presenta O CASO É TER SAÚDE, obra de Jose Prieto, dirixida por Marcos Orsi e interpretada por Jouse García, Xoque Carbajal, Patricia Rodríguez Souto, Celia González e Carlos Mosquera.