O Concello organiza un espectáculo infantil e un Festival musical arredor das Letras Galegas

Monforte de Lemos, 14 de maio de 2019. O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa concellería de Cultura, ultima os detalles para a conmemoración do Día das Letras Galegas deste ano 2019.

Deste xeito, dous son os eventos destacados arredor do 17 de maio:

Fantoches Baj – Os Romeiros do Caracol: o xoves 16 de maio, as 12:00 horas no salón de actos do Edificio Multiusos, esta compañía desenvolverá un espectáculo infantil sobre Antón Fraguas, figura á que está dedicado este ano o Día das Letras Galegas.

FestivalLetras Galegas 2019: o venres 17 de maio, o Concello organiza tamén no Edificio Multiusos e a partires das 19:00 h, un festival musical dirixido a todos os públicos e de carácter gratuíto que contará coas actuacións dos seguintes grupos:

  • Grupo de acordeóns da Escola de Música do Concello de Monforte
  • Grupo de Gaita da Escola de Música do Concello de Monforte
  • Escola de Danza Tradicional do Concello de Monforte
  • Coral Polifónica do Concello de Monforte

Díptico Festival Letras Galegas Monforte 2019

Outras actividades arredor das Letras Galegas

Ademais, o Concello puxo en marcha en semanas precedentes actividades tamén relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas:

certame de narración e debuxo infantil,  que este ano xirou arredor da “Revolución do Cambio Climático” e que estivo aberto ata o 8 de maio.

Correlingua, que se celebrou na xornada de onte en Monforte.

E o XXVIII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, que se celebrou do 25 de abril ao 9 de maio, e que onte celebrou a súa entrega de premios aos participantes.