Teatro na Rede Galega de Teatros e Auditorios/Xoves 14 de Febreiro de 2019

Cartaz Sarabela Teatro

 

O xoves 14 de febreiro ás 20:15 h e no Edificio Multiusos terá lugar unha nova cita co teatro para adultos dentro da programación da Rede Galega de Teatro e Auditorios do primeiro semestre de 2019 en Monforte de Lemos. A compañía SARABELA TEATRO presenta CELEBRACIÓN, obra de Fernando Dacosta, dirixida por Daniel Salgado e interpretada por Elena Seijo, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Nate Borrajo e Fina Calleja.

Celebración é unha comedia sobre o asalto ao poder. Neste cóctel vai pasar algo importante, ten que pasar algo moi importante, porque está anunciado por terra, mar e aire, porque asalta os nosos ollos e os nosos oídos, porque chegar a ese cóctel é entrar no mundo do luxo, e o luxo non é unha cuestión de cartos, é unha cuestión de gusto, de saber estar, de saber ser… persoa. O luxo é o contrario da vulgaridade (Cocó Chanel), de ser vulgo, de non ser... ninguén. 

Sarabela Teatro