Teatro Infantil-Familiar na Rede Galega de Teatros e Auditorios/Domingo 10 de Marzo de 2019

Cartaz A Galiña Azul

 

A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó teatro infantil do primeiro semestre de 2019 continua en Monforte de Lemos o domingo 10 de marzo ás 18:00 h no Edificio Multiusos coa posta en escena da obra A GALIÑA AZUL da compañía TANXARINA.

Obra de Carlos Casares, dirixida por Cándido Pazó e interpretada por Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Río e Eduardo Rodriguez Cunha "Tatán". A galiña azul é un espectáculo que mistura títeres e actores, baseado no conto homónimo de Carlos Casares. Está orientado ao público infantil e familiar. A galiña azul resulta unha convincente arma contra a inxustiza, unha clara defensa da diversidade. Fainos lembrar que aínda é posible loitar contra a homoxeneidade cando esta vén imposta, que formas alternativas de resistencia seguen existindo aínda que sexa pintando galiñas de azul e organizándose de xeito colectivo. Con esta peza se exploran as posibilidades do teatro non só como desfrute e diversión, senón tamén como ferramenta de concienciación social e como parte importante na formación integral das persoas.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.

Fotograma A Galiña Azul