Teatro na Rede Galega de Teatros e Auditorios/Xoves 24 de Xaneiro de 2019

Cartaz Os Fillos do Sol

 

A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó primeiro semestre de 2019 iníciase en Monforte de Lemos o xoves 24 de xaneiro ás 20:15 no Edificio Multiusos coa posta en escena da obra FILLOS DO SOL da compañía CONTRAPRODUCIÓNS, obra escrita e dirixida por Cándido Pazó  e interpretada por César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez. Fillos do Sol é unha elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas. A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, DON EDUARDO, xa octoxenario e momesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación: EDUARDO, el mesmo cando comezaba, de mozo, a súa carreira literaria. E, como contrapunto, a vida real e diaria representada por ROSA, a xove criada da pensión na que o bardo está albergado. O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.

Os Fillos do Sol