Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
Samuel Perea e Victor Gloger achegan a Monforte a gastronomía sefardí |
O malagueño Samuel Perea e o israelí Victor Gloger, fundadores da ONG “Cocina por la Paz”, fixeron unha demostración de cociña sefardí no Parador de Monforte de Lemos, nunha sesión á que asistiron oito cociñeiros/as de establecementos hoteleiros da cidade.
|
28/02/2012 | Noticias histórico |
Monforte conmemora con diversos actos o "Día Internacional da Muller" |
A concelleira de igualdade, Ana Casal, informa sobre as actividades que se desenvolverán dende o CIM co gallo da conmemoración do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”. Estas actividades realizaranse durante todo o mes e abarcan charlas sobre saúde, obradoiros, unha exposición, e outros actos, algún deles cun carácter máis festivo.
|
02/03/2012 | Noticias histórico |
Os recortes da Xunta poñen en perigo a feira do libro de Monforte |
A concelleira de cultura, Pilar López, rexeita a información relativa á feira do libro de Monforte publicada hoxe nun xornal, atribuíndo á falta de apoio económico por parte do Concello a non celebración deste evento cultural na nosa cidade. Incluso a propia Federación de Libreiros manifestoulle ó Concello a súa sorpresa ante a citada información.
|
02/03/2012 | Noticias histórico |
Novacaixagalicia manterá a gardería ata 2014 sempre que a Xunta colabore |
O Alcalde e a concelleira de educación e cultura reuníronse esta tarde cos pais e nais da gardería da Obra Social de Novacaixagalicia, coa finalidade de explicarlles o contido da entrevista que o rexedor monfortino mantivo esta mañá con representantes da entidade bancaria, reunión á que se sumaron dous representantes dos pais e nais do citado centro.
|
05/03/2012 | Noticias histórico |
A UNED de Monforte celebra unhas xornadas sobre educación |
A Aula da UNED de Monforte de Lemos pón en marcha as "III Xornadas de Educación: a arte de educar nos distintos ámbitos da vida". As xornadas celebraranse en cinco sesións de catro horas de duración cada unha que terán lugar os días 9, 16, 23 e 30 de marzo e o 13 de abril. |
06/03/2012 | Noticias histórico |
Avances na solución á problemática da gardería |
A reunión convocada polo Alcalde para buscar solucións ó peche da gardería da Obra Social de Novacaixagalicia celebrouse pasadas as 18:30 horas da tarde de hoxe.
|
09/03/2012 | Noticias histórico |
O Concello deixou de cobrar catro millóns e medio de euros na década dos noventa |
A Corporación Municipal celebrará o vindeiro luns, ás 20:00 h., un pleno urxente e extraordinario no que o único punto da orde do día será o expediente de depuración de saldos contables.
|
10/03/2012 | Noticias histórico |
O importe das facturas pendentes de pago é inferior a 700.000 euros | 15/03/2012 | Noticias histórico | |
O goberno municipal considera urxente a construción dunha nova depuradora |
O grupo de goberno do concello de Monforte rexistrou, para ser debatida no próximo pleno, unha moción na que reclama a construción dunha nova depuradora de augas residuais (EDAR).
|
17/03/2012 | Noticias histórico |
O Concello tramitará a ampliación da actual zona ARI |
O alcalde de Monforte entrevistouse esta mañá en Compostela co Director Xeral do IGVS, José Boné Pina, para expoñerlle a intención do Concello de solicitar unha ampliación da Área de Rehabilitación Integral da cidade (ARI) e avaliar a viabilidade da aprobación da citada ampliación.
|
20/03/2012 | Noticias histórico |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »