Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O Concello de Monforte acolle a exposición “Xela Arias. A poesía do retrato” ata o 2 de agosto |
Monforte de Lemos, 9 de xullo de 2021. A exposición “Xela Arias. A poesía do retrato” loce desde este mediodía, e ata o 2 de agosto, no Parque dos Condes de Monforte. A mostra, con fotografías de Xulio Gil e poemas de Xela Arias, consta de vinte paneis nos que as imaxes en branco e negro da autora dialogan con versos da súa obra poética. |
09/07/2021 | Noticias y agenda |