Monforte de Lemos, 9 de outubro de 2025. O Alcalde, José Tomé, informa de que a fonte ornamental da Praza da Estación estará apagada durante a realización das obras de reforma integral que acomete o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) e que consisten na renovación do empedrado.
Así mesmo o Concello aproveitará este peche para facer labores de mantemento e conservación na fonte.