O Alcalde anuncia que o sorteo público de prazas do Programa Activa realizarase o vindeiro martes 14 de outubro

Monforte de Lemos, 11 de outubro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do sorteo público de prazas do Programa Activa 2025-2026 que se celebrará o vindeiro martes 14 de outubro, ás 10.00 horas, no salón de actos do Centro Cívico e Social, ubicado no Paseo do Malecón s/n.

Segundo o establecido no punto 7º das bases reguladoras do Programa Activa que coordina a área de Servizos Sociais, nos casos nos que exista máis demanda que prazas, a adxudicación realizarase por sorteo entre as solicitudes admitidas para cada actividade, diferenciando entre prazas ordinarias e prazas para persoas con discapacidade. Para elo, asignarase un número por solicitude. Na modalidade de participación conxunta, asignarase un único número. Nas actividades con vacantes non se realizará sorteo e asignaranse as prazas segundo a orde de entrada.

A data e lugar da realización do sorteo, así como a listaxe de persoas admitidas que optan ás prazas, publicarase na páxina web do Concello e no taboleiro do Centro de Servizos Sociais.

 

As actividades que irán a sorteo son as seguintes:

  • Bailes de salón Iniciación
  • Bailes latinos Perfeccionamento
  • Cerámica 1
  • Cerámica 2
  • Competencias dixitais Avanzado
  • Conservando a memoria 1
  • Conservando a memoria 2
  • Conservando a memoria 3
  • Conservando a memoria 4
  • Costura básica
  • Costura creativa 1
  • Ioga 1
  • Ioga 2
  • Manualidades 1
  • Taichi
  • Ximnasia acuática 1
  • Ximnasia acuática 2
  • Ximnasia de mantemento 1
  • Ximnasia de mantemento 2
  • Ximnasia de mantemento 3

 

Actividades con vacantes, nas que non se realiza sorteo:

  • Bailes latinos Iniciación
  • Competencias dixitais Intermedio
  • Informática básica
  • Manualidades 2
  • Costura creativa 2

 

O día 16 de outubro publicaranse as listaxes de persoas con praza adxudicada e a listaxe de persoas en lista de agarda. As actividades comezarán o 20 de outubro e estenderanse ata o 12 de xuño de 2026.

 

Programa Activa

O Programa Activa diríxese especialmente ás persoas maiores de 55 anos co obxectivo de favorecer o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida dos adultos maiores, promovendo o seu benestar psicosocial e o encontro interxeracional, evitando situacións de soidade non desexada e dinamizando as parroquias.

O Concello destina a este plan unha partida de 60.000 euros e ofértanse un total de 652 prazas. Como en anos anteriores, todas as actividades son gratuítas para os veciños e veciñas de Monforte, e están subvencionadas ao 100% polo Concello de Monforte.

 LISTADO PERSOAS ADMITIDAS PARA PARTICIPAR NA ADXUDICACION DE PRAZAS DO PROGRAMA ACTIVA 2025 26 E DATA SORTEO