
Monforte de Lemos, 12 de outubro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou hoxe en Monforte na celebración da Festividade da Virxe do Pilar, patroa da Garda Civil. O rexedor acudiu a estes actos acompañado polos Concelleiros de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada; Consumo, Regina López, e Muller e Igualdade, Margarita López, ademais doutros membros da Corporación municipal. Tamén asistiron o Inspector Xefe da Policía Local, Miguel Martínez, o Xefe de Bombeiros e Protección Civil, Tomás Losada, e o Xefe de Seguridade Cidadá da Comisaría de Monforte, Óscar Fernández Prieto, entre outros.
O acto solemne tivo lugar na Igrexa da Estación e foi presidido pola Capitana da Garda Civil en Monforte, María José Moreno López, e polo propio Alcalde monfortino. Trala celebración do oficio relixioso, a Capitana da Compañía da Garda Civil de Monforte tomou a palabra para agradecer a asistencia de autoridades e efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade e especialmente a colaboración do Concello de Monforte, e do seu Alcalde, por facilitar a celebración deste acto. María José Moreno fixo especial mención aos compañeiros Germán e Antonio, falecidos por enfermidade, e recordou ao axente da Policía Local de Monforte, Eusebio Cuesta, que faleceu traxicamente en acto de servizo o pasado mes de agosto.
O acto na Igrexa da Estación finalizou cunha ofrenda floral aos caídos. Posteriormente, a comitiva trasladouse ao Club Fluvial, onde tivo lugar a degustación dun viño español.