Monforte de Lemos, 21 de outubro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da apertura oficial da Piscina Climatizada Municipal de Monforte, que se producirá, como adiantou o pasado sábado 18 na inauguración das obras de reforma, o vindeiro luns 27 de outubro. Tal en como dixo na presentación, os usuarios atoparán “unhas instalacións completamente renovadas” e poderán desfrutar dunha piscina “moderna, única e na vangarda tecnolóxica”. Esta remodelación, na que se investiron 2,3 millóns de euros, “supón o colofón dunha transformación completa no conxunto da Pinguela”, indicou o rexedor.
Xa de cara á posta en marcha o luns 27, as persoas interesadas en darse de alta nalgún dos servizos que se prestan na instalación deportiva, tanto antigos/as socios/as como persoas que queiran darse de alta por primeira vez, poderano facer a partir do propio luns 27 no horario de apertura do centro deportivo:
• De luns a venres de 7:30 a 14:00 h. e de 15:00 a 23:00 h.
• Sábados de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 h.
• Domingos de 10:30 a 14:30 h.
Teléfono: 982 202 965
Email: info.apinguela@ideasdebolina.es
As modalidades de abono dispoñibles así como os seu prezos son as seguintes:
|
TIPO DE ABONO |
€/MES |
€/TRIM |
€/SEM |
€/ANO |
|
INDIVIDUAL |
35 |
98 |
175 |
278 |
|
FAMILIAR 2 MEMBROS |
41 |
113 |
206 |
319 |
|
FAMILIAR 3 MEMBROS |
45 |
129 |
237 |
360 |
|
FAMILIAR 4 MEMBROS |
51 |
144 |
268 |
401 |
|
FAMILIAR +4 MEMBROS |
56 |
160 |
299 |
441 |
|
3ª IDADE INDIVIDUAL |
21 |
57 |
98 |
153 |
|
3ª IDADE 2 MEMBROS |
31 |
82 |
144 |
237 |
|
XOVE |
29 |
77 |
134 |
226 |
Para poder acceder a calquera das modalidades de abono será necesario satisfacer previamente unha matrícula por importe de 25,00 €. Neste senso, o Alcalde aclara que todas as persoas que foran socias da piscina no momento do seu peche antes da reforma estarán exentos do pago desta matrícula.
A documentación que haberá que aportar para facerse socio/a é a seguinte:
• Copia do DNI ou NIE. No caso de ser abono familiar, copia do DNI ou NIE de todos os beneficiarios do abono e libro de familia. En caso de parella de feito deberase presentar fotocopia da inscrición no rexistro de parellas de feito.
• Certificado de titularidade de conta bancaria ou orde de domiciliación debidamente cuberto e asinado polo banco. En caso de que a persoa titular do número de conta non se corresponda coa persoa que se vai a inscribir, fotocopia do DNI ou NIE do titular da conta e orde de domiciliación.
A matrícula e o abono do primeiro mes, trimestre, semestre ou ano pagaranse no momento de formalizala matrícula polo importe do prorrateo por meses que corresponda. Os demais pagos recorrentes faranse por domiciliación bancaria de acordo cos datos facilitados na folla de matrícula.
Cursos de natación
Os días 3, 4 e 5 de novembro en horario de 17:00 a 20:00 h. realizaranse as probas de nivel para a oferta de cursos de idade infantil e nenos. Todas as persoas interesadas poderán acudir á piscina a realizar esta proba.
Os prazos de matrícula nos diferentes cursos de natación ofertados son os seguintes:
• Prazo de matrícula para abonados/as: días 6 e 7 de novembro
• Prazo de matrícula para non abonados/as: 10 e 11 de novembro
Inicio dos cursos de natación
Os cursos de natación comezarán a impartirse o 17 de novembro e a oferta e horarios son os seguintes:
|
CURSO |
INICIO CURSO |
FIN CURSO |
DIAS |
|
INFANTIL I |
17:00 |
17:45 |
LUNS / MÉRCORES |
|
INFANTIL II |
17:45 |
18:30 |
LUNS / MÉRCORES |
|
NENOS I |
17:45 |
18:30 |
LUNS / MÉRCORES |
|
NENOS 0 |
18:30 |
19:15 |
LUNS / MÉRCORES |
|
INFANTIL 0 |
18:30 |
19:15 |
LUNS / MÉRCORES |
|
NENOS II |
19:15 |
20:00 |
LUNS / MÉRCORES |
|
NENOS O |
17:00 |
17:45 |
MARTES / XOVES |
|
NENOS I |
17:00 |
17:45 |
MARTES / XOVES |
|
INFANTIL I |
17:45 |
18:30 |
MARTES / XOVES |
|
NENOS I |
17:45 |
18:30 |
MARTES / XOVES |
|
INFANTIL 0 |
18:30 |
19:15 |
MARTES / XOVES |
|
INFANTIL II |
18:30 |
19:15 |
MARTES / XOVES |
|
NENOS II |
19:15 |
20:00 |
MARTES / XOVES |
|
BEBES I |
17:00 |
17:45 |
LUNS / MÉRCORES |
|
BEBES I |
19:15 |
20:00 |
LUNS / MÉRCORES |
|
BEBES 0 |
19:15 |
20:00 |
MARTES / XOVES |
|
ADULTOS I/P |
8:00 |
8:45 |
LUNS / MÉRCORES |
|
ADULTOS I/P |
9:15 |
10:00 |
LUNS / MÉRCORES |
|
ADULTOS I/P |
20:30 |
21:15 |
LUNS / MÉRCORES |
|
ADULTOS I/P |
21:15 |
22:00 |
LUNS / MÉRCORES |
|
ADULTOS I/P |
20:30 |
21:15 |
MARTES / XOVES |
|
ADULTOS I/P |
21:15 |
22:00 |
MARTES / XOVES |
|
XIMNASIA ACUATICA |
11:00 |
11:45 |
LUNS / MÉRCORES |
|
XIMNASIA ACUATICA |
10:00 |
10:45 |
MARTES / XOVES |
O custe dos diferentes cursos ofertados é o seguinte:
|
TIPO DE CURSO |
TARIFA TRIMESTRAL |
|
|
ABONADO/A |
NON ABONADO/A |
|
|
BEBÉS (entre 6 meses e 2 anos) |
46 € |
93 € |
|
INFANTIL (entre 3 e 5 anos |
36 € |
72 € |
|
NENOS (entre 6 e 15 anos) |
34 € |
68 € |
|
INICIACIÓN A PARTIR DE 16 ANOS |
46 € |
93 € |
|
PERFECCIONAMENTO A PARTIR DE 16 ANOS |
46 € |
93 € |
|
NATACIÓN ESCOLAR ALUMNO |
25 € |
25 € |
|
TIPO DE CURSO |
TARIFA MENSUAL |
|
|
ABONADO/A |
NON ABONADO/A |
|
|
XIMNASIA ACUÁTICA (a partir de 16 anos) |
16 |
33 |
Natación escolar
Os centros educativos, ANPAS e asociacións de Monforte tamén poderán solicitar a actividade de natación escolar para os seus alumnos/as.
O prazo é o seguinte:
• Centros educativos, ANPAS e asociacións de Monforte: do 3 ao 7 de novembro.
• Centros educativos, ANPAS e asociacións que non sexan de Monforte: do 10 ao 14 de novembro.
Os centros educativos, ANPAS e asociacións interesados deberán poñerse en contacto coa piscina co fin de solicitar a actividade e planificar os horarios.
Ximnasio municipal e persoal
Tal e como explicou o Alcalde na súa intervención na inauguración da reforma integral da Piscina Municipal, o Ximnasio está pendente de equipamento á espera de que se resolvan os recursos interpostos por parte de dúas empresas que se presentaron á licitación para a adquisición da maquinaria. Polo tanto, o Concello terá que esperar a que se resolvan ditos recursos para poder equipar esta instalación deportiva e poñela en servizo.
O Alcalde lembra tamén que froito das xestións realizadas, mantense o cadro de persoal previo ao peche nas mesmas categorías e condicións que tiñan naquel momento.
Unha transformación completa
A remodelación da Piscina Municipal é a primeira intervención de calado que se fai nesta infraestrutura deportiva que data de 1994. No momento do seu peche temporal para a execución das obras contaba con máis de 1.800 usuarios e cerca de 500 participantes en cursos de natación, dando tamén servizo ao Club de Natación de Monforte.
Na inauguración, o Alcalde amosou a súa satisfacción polo resultado e afirmou que “Monforte pode presumir dunha piscina moderna, segura, eficiente, sostible e en estado óptimo de utilización”.
A reforma integral foi executada pola empresa Construcciones Castro en base a un proxecto que cambia totalmente a fisionomía do edificio, fusionado agora co Pavillón Polideportivo e conectados ambos a través dunha ampla recepción. A reestruturación total dos espazos mellora e optimiza as circulacións dos usuarios e fai do Complexo Deportivo un espazo moito máis funcional, xa que a recepción dá acceso a calquera dos espazos do centro deportivo: cafetería, piscina, vestiarios e gradas (tanto da piscina como do pavillón), ximnasio xeral, ximnasio de clubes e pista polideportiva.
Ademais, esta reordenación permitiu aumentar a superficie destinada ao ximnasio pasando de 235 m2 a 300 m2; a das gradas, que pasa de 70 a 81 m2, e a da nova cafetería, que ocupa agora 111 m2 e dará servizo a todo o Complexo Deportivo.
Reordenación dos espazos
A entrada á Piscina sitúase agora na esquina onde conflúe co Pavillón Polideportivo, para crear unha zona de acceso común. Este cambio mellora notablemente a funcionalidade da instalación ao posibilitar un control de acceso previo para ambas infraestruturas.
Os vestiarios, completamente renovados, simplifican os percorridos e separan as zonas de “pés secos” e “pés húmidos”, de forma que os usuarios da piscina e os do ximnasio ou salas de actividades conflúen neste punto, pero sen mesturarse, o que derivará nunha mellora das condicións hixiénicas e sanitarias.
O ximnasio sitúase na zona sur, gañando en superficie e mellorando a súa funcionalidade.
Na planta baixa sitúase a recepción e, por detrás desta, dous vestiarios independentes para grupos e un vestiario de persoal, ademais dun despacho para administración.
Completando o conxunto, creouse un núcleo de aseos para o público e unha cafetería que dá servizo tanto á Piscina como ao Pavillón Polideportivo, con vistas aos vasos, e saída directa cara as bancadas reformadas.
Máis información e consultas:
Teléfono: 982 202 965