Monforte de Lemos, 23 de outubro de 2025. O teatro será o gran protagonista do outono en Monforte de Lemos, cunha programación chea de propostas tanto para o público adulto como familiar. Así o anuncia o Alcalde da cidade, José Tomé Roca, que presenta unha completa programación deseñada desde a Concellería de Cultura a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios de AGADIC na que está integrado o Concello, e dos Circuítos de Teatro Afeccionado e Profesional da Deputación de Lugo.
Grazas a esta programación, os monfortinos e as monfortinas, así como as persoas que visiten a cidade neste último trimestre, teñen a oportunidade de asistir a 11 espectáculos teatrais: oito a cargo de compañías profesionais e tres representados por grupos afeccionados. Das 11 obras, catro están dirixidas ao público familiar e sete son para público adulto.
Esta extensa programación comezou o pasado 9 de outubro coa representación de “Guerra”, da compañía Teatro do Noroeste, no Multiusos, e continuou o sábado 11 de outubro coa participación da Asociación Cultural Teatreiras de Monforte, que presentaron na Casa da Cultura “Retrincos e cousas de Castelao”.
O Alcalde, José Tomé Roca, anima ós monfortinos e monfortinas a “acudir ao Multiusos e á Casa da Cultura e participar destas actividades, dentro da aposta decidida que este Equipo de Goberno fai pola cultura, e neste caso, polo teatro galego”.
Próximas citas
A cita co teatro continua hoxe, 23 de outubro ás 20.15 horas no Multiusos, co espectáculo “O que hai que ver!”, de Fulano, Mengano e Citano, e estenderase ata o 20 de decembro, data na que o grupo de teatro afeccionado Viraventos, de Monforte, porá o colofón a esta programación coa representación da obra “O boleto”.
A programación nas próximas datas é a seguinte:
Xoves 23 de outubro, 20.15 h / Edificio Multiusos
“O que hai que ver”, da compañía Fulano, Mengano e Citano
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto
Xoves 30 de outubro, 18.30 h / Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
Ubú Teatro. “O vixilante de sonos”
Circuíto Teatro Profesional Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada Gratuíta – Todos os públicos
Xoves 30 de outubro, 20.15 h / Edificio Multiusos
“Poeta en Nova York”, do grupo Baixodaarea
Área de Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada Gratuíta – Público adulto
Xoves 6 de novembro, 20.15 h / Edificio Multiusos
“Un deus salvaxe”, de Talía Teatro
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto
Sábado 8 de novembro, 20.00 h / Casa da Cultura
Argalleiras Teatro presenta “As cousas que importan”
Asociación Cultural Teatreiras / Concello de Monforte
Entrada Gratuíta – Todos os públicos
Xoves 27 de novembro, 20.15 h / Edificio Multiusos
“Insubmisa”, da compañía Antagonista Teatro
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto
Xoves 4 de decembro, 20:15 h / Edificio Multiusos
“Helen Keller, a muller maravilla?”, de Chévere Teatro
Rede de Teatros e Auditorios / Concello de Monforte
Entrada 5€ / Estudantes, desempregados e xubilados 3 € – Público adulto
Xoves 11 de decembro, 20.30 h / Edificio Multiusos
“María Visitación Consolación Amadora”, do grupo Loia Producións
Circuíto Teatro Profesional / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Público a partir de 15 anos
Sábado 20 de decembro, 20.00 h / Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro
“O boleto”, do Grupo de Teatro Viraventos, de Monforte
Circuíto Teatro Afeccionado / Área Cultura Deputación Lugo / Concello de Monforte
Entrada gratuíta – Todos os públicos