Monforte de Lemos, 3 de novembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa sobre o servizo de recollida e transporte de residuos urbanos e limpeza viaria, por mor da celebración da festividade de San Martín de Porres, patrón desta actividade que, no caso do Concello de Monforte, desenvolve a empresa FCC Medio Ambiente S.A..
O convenio colectivo que fixa as relacións entre a empresa e os traballadores e traballadoras de ditos servizos recolle o día 3 de novembro como día festivo propio. Nesta ocasión, ao coincidir esta xornada con luns, e en aplicación do citado convenio, trasladase dita festividade ao martes 4 de novembro. En consecuencia, mañá martes 4 de novembro, unicamente prestaranse os servizos de recollida e transporte de residuos urbanos, limpeza viaria e outros servizos complementarios correspondentes a un día festivo.
Por este motivo, pregamos aos usuarios e veciños da cidade que se absteñan de depositar o lixo en dito día.