Monforte de Lemos, 5 de novembro de 2025. Con motivo da conmemoración este mércores, 5 de novembro, do Día das Persoas Coidadoras, o Concello de Monforte quere facer un recoñecemento especial a todas as persoas que dedican a súa vida ao coidado das persoas maiores e dependentes. Unha labor tan silenciosa e invisible, como fundamental e chea de fonda humanidade.
O Concello de Monforte quere agradecer a todas as persoas coidadoras, a maioría mulleres, esta importante labor, así como a súa valiosa contribución na mellora da calidade de vida dos nosos maiores e persoas dependentes. “Cando unha persoa coida, está a garantir que alguén máis viva con dignidade. Por iso, o coidado non é un deber individual, é unha responsabilidade compartida: das familias, das comunidades e tamén das institucións”, lembra o Concello.