Monforte de Lemos, 7 de novembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia a chegada do roadshow do Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (INCIBE), a Monforte de Lemos. O camión despregable de esta entidade, dependente do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, instalarase na Explanada da Compañía dos días 11 ao 15 de novembro, para capacitar en materia de seguridade a toda a cidadanía, desde familias e menores, ata o público sénior, ademais de asociacións e empresas.
O camión estará aberto durante as cinco xornadas de mañá e tarde en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 horas de martes a venres, e de 11.00 a 15.00 e de 16.00 a 20.00 horas o sábado. A entrada é gratuíta para todos os públicos. Así mesmo, e en colaboración co Concello de Monforte, organizaranse visitas cos diferentes centros educativos da cidade co obxectivo de que os estudantes poidan ampliar os seus coñecementos nesta materia, xa que a ciberseguridade e a confianza dixital son dous dos retos máis importantes aos que se enfronta a sociedade actual.
O roadshow conta con dúas zonas (interior e exterior) con diversas actividades de concienciación, formación e lúdicas como un escape room de ciberseguiridade e xogos online.
A través desta iniciativa, INCIBE quere elevar os niveis necesarios de cultura en ciberseguridade que calquera usuario debe posuír para desenvolverse con confianza e seguridade na era dixital.
Por iso, o fomento da cultura da ciberseguridade converteuse nun un dos eixos centrais a desenvolver polo Goberno de España a fin de contar cunha sociedade máis coñecedora das ameazas e desafíos ós que se enfronta.
Acerca do roadshow que se instalará na Explanada da Compañía
O roadshow, unha vez despregado, é un espazo versátil, multifuncional e completamente accesible, que dispón de dúas grandes zonas, unha área interior e unha exterior, con diversas actividades de concienciación, formación e lúdicas, para que todos os participantes poidan divertirse á vez que aprenden a navegar de forma segura pola Rede.
En concreto, o espazo interior, capaz de acoller a 30 persoas, contará cunha área de gamificación para xogos en liña; zona expositiva de charlas e contidos didácticos; e un escape room, onde superar riscos dixitais e desenvolver accións para evitar e xestionar ameazas.
Á súa vez, no espazo exterior, con capacidade para 36 persoas, habilitarase unha zona de xogos e unha cabina para poder contactar co 017, o servizo ‘Tu Ayuda en Ciberseguridad’ de INCIBE. Este formato permite manter a equidade no acceso á información e a capacitación a calquera nicho de poboación, achegando os contidos, medios e recursos a calquera colectivo, en calquera localización, en igualdade de condicións.
A ciberseguridade e a confianza dixital son dous dos retos máis importantes aos que nos enfrontamos. Por elo, INCIBE puxo en marcha #ExperienciaINCIBE, un conxunto de experiencias itinerantes que recorren a xeografía española co fin de sensibilizar, concienciar, educar, promover e divulgar a ciberseguridade entre todos os usuarios. Además do roadshow, tamén está en marcha unha segunda experiencia, o stand INCIBE, deseñado para todos os públicos. Tanto menores como os adultos poderán poñer a proba os seus coñecementos en ciberseguridade a través dos desafíos e xogos que ofrece a aplicación CyberScouts.