
Monforte de Lemos, 11 de novembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia a licitación das obras de mellora do Parque situado na rúa Doutor López Suárez, no entorno do Cuartel da Garda Civil. Trátase dunha ampla zona verde para o esparexemento dos monfortinos e monfortinas no barrio do Morín que dispón dun parque de xogos infantil, un circuíto biosaudábel con aparellos de ximnasia para xente de todas as idades e unha cancha para a práctica deportiva.
O proxecto consiste na rexeneración do firme dos paseos do parque. Contémplase, para elo, a pavimentación co mesmo formigón semipulido en cor terra, semellante ao que se puxo no Parque da Gardería ou no paseo da Ponte Nova. O orzamento base da licitación ascende a 64.156,12 euros e o prazo de execución dos traballos é de un mes.
As empresas interesadas en levar a cabo este proxecto poden presentar as súas ofertas entre o 12 de novembro e o 9 de decembro. As mesas de contratación reuniranse os días 10 e 17 de decembro.
O Alcalde, José Tomé Roca, indica que o estado actual dos paseos do Parque Doutor López Suárez é deficiente nalgunhas zonas, “polo que faise precisa unha actuación que, sen dúbida, mellorará o aspecto deste recinto e fará moito máis cómodo e agradable o uso de este espazo de lecer por parte dos veciños e veciñas da zona, así como das persoas que acoden as instalacións que complementan este parque”.
Traballos previstos
Os paseos contemplados nesta actuación forman parte da rede viaria do Concello de Monforte e teñen unha loxintude total de 331 metros, cun ancho medio de 3,15 m e unha superficie total de 1.043m2. O paseo actual do parque é de terreo natural, compactado, polo que se procederá á súa pavimentación con formigón semipulido en cor terra.
Tal e como recolle o proxecto, é necesaria a apertura de caixa, para a posterior colocación do firme de formigón de 15cm de espesor. Previamente, procederase ao levantado da solera existente nos tres accesos desde a rúa. Colocaranse tamén dous tramos de bordo de formigón nas zonas nas que non existen actualmente.
Ademais, e debido a que a meirande parte dos paseos nos que se prevé actuar xa teñen un bordillo de formigón perimetral, o novo pavimento enrasarase o que sexa posible co bordillo para evitar encharcadas.
Este proxecto, apunta o Alcalde, “da continuidade ao programa de mellora de infraestruturas da nosa cidade, un compromiso que teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende 2015, e que suporá unha mellora moi significativa neste parque”.