Monforte de Lemos, 18 de novembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia ven de instalar un dispositivo luminoso no teléfono da parada de taxis da avenida de Galicia para minimizar o ruído das chamadas que se realizan en horario nocturno e evitar, deste xeito, as molestias que poden ocasionar aos veciños e veciñas da zona.
O dispositivo, no que o Concello investiu 560 euros, dispón dunha fotocélula que reduce o volume do timbre a medida que escurece o día. De forma simultánea, acéndese unha luz vermella intermitente que capta a atención dos taxistas cada vez que se produce unha chamada. Xa de noite, o timbre externo queda cancelado e só se escoita o do propio teléfono, de volume regulable.