TEATRO no Edificio Multiusos, LOIA PRODUCIÓNS con MARÍA VISITACIÓN CONSOLACIÓN AMADORA xoves 11 de decembro ás 20:30h

O ciclo de teatro do Concello de Monforte previsto para el último trimestre del año 2025 continúa adiante.

O Concello de Monforte xunto coa Deputación Provincial de Lugo Vicepresidencia Cultura organiza dentro do seu Circuito de Teatro Profesional e no salón de actos do Edificio Multiusos unha representación teatral con entrada libre e gratuita para un público adulto de máis de 15 anos coa compañía LOIA PRODUCIÓNS e a obra "MARÍA VISITACIÓN CONSOLACIÓN AMADORA", a actividade será o xoves 11 de decembro ás 20:30h.

A obra dirixida por Paloma Lugilde, baixo a autoría de Paloma Lugilde e Aida Cobas en creación colectiva está interpretada por Paloma Lugilde e Aida Cobas.

Esta peza pretende amosar a vida desas mulleres que, dentro do contexto complexo que lles tocou vivir, conseguiron ter certa autonomía e incluso chegar a gañar máis que os homes en anos nos que isto era inaudito: as costureiras. 

Como reaccionou a sociedade ante este feito? Ponse o foco en diferentes costureiras da Comarca da Ulloa, abordando o cooperativismo e a soidade, a costura como traballo e/ou expresión artística, a memoria e a industria téxtil. Elas creaban harmonía co medio, remendando, tratando de compoñer traxes cos restos das teas, artellando da mellor maneira que podían co pouco que había, na contra da nosa actual cultura do usar e tirar. Elas comportan parte do noso patrimonio cultural.