Monforte de Lemos, 23 de novembro de 2025. A actuación da Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos puxo o colofón este sábado ás XXII Xornadas Divulgativas que organiza a Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra baixo o lema “Gastronomía, Música e Camiño”, coas que colabora o Concello de Monforte.
O concerto tivo lugar esta tarde, a partir das 19.30 horas, na Igrexa Nosa Señora da Antiga, e asistiu a Tenente de Alcalde, Gloria Prada.
O derradeiro encontro da XXII edición das Xornadas Divulgativas da Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra desenvolveuse este sábado no municipio de Monforte de Lemos. A xornada comezou cunha visita á queixaría da Gandería Puluán e culminou co concerto da Coral Polifónica do Concello de Monforte e unha cea de irmandade coas corais.