
Monforte de Lemos, 28 de novembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da resolución da convocatoria de concesión de subvencións para a celebración de festas de barrios e parroquias no exercicio 2025 na que resultaron beneficiadas un total de 22 entidades veciñais e comisións de festas. A resolución foi aprobada en Xunta de Goberno Local o pasado 17 de novembro e os beneficiarios teñen prazo ata o vindeiro 5 de decembro para xustificar o gasto subvencionado. As axudas concedidas suman unha contía total de 21.423,50 euros.
O rexedor destaca que esta liña de axudas ten como obxectivo “potenciar a celebración das festas de barrios e parroquias de Monforte, e manter así vivas as nosas tradicións”. Con este fin, no pasado ano 2024, o Equipo de Goberno acordou que todas as entidades e asociacións solicitantes recibiran unha contía máxima de 1.000 euros por anualidade, incrementándose nun 100% as axudas que ata ese momento se destinaban ás parroquias para a organización das súas festas.
Entre outros requisitos, para optar a estas axudas é imprescindible ter autorización concedida polo Concello de Monforte para a celebración da festa para a que se solicite a subvención, tal e como obriga a Lei de Espectáculos de Galicia.
ENTIDADES BENEFICIAIRAS
|
NUM |
PARROQUIAS/BARRIOS DO CONCELLO |
SOLICITANTE |
DATA DE CELEBRACIÓN |
IMPORTE CONCEDIDO |
|
1 |
SANTA MARIÑA DO MONTE |
A.VV. A XUNTANZA DE SANTA MARIÑA |
5 A 7 DE SETEMBRO |
1.000,00 |
|
2 |
GULLADE |
COMISION DE FESTAS |
24 DE AGOSTO |
1.000,00 |
|
3 |
COBAS |
AA.VV. BARRIO DE COBAS |
17 DE MAIO |
1.000,00 |
|
4 |
SAN VICENTE DO PINO |
A.V. SANTA EUFEMIA DE LEMOS |
12 E 13 DE SETEMBRO |
1.000,00 |
|
5 |
BASCOS |
AA. VV SAN MARTÍN DE BASCOS |
25 A 27 DE ABRIL |
1.000,00 |
|
6 |
MOREDA |
COMISION DE FESTAS |
18 E 19 DE OUTUBRO |
1.000,00 |
|
7 |
SAN XOAN DE TOR |
COMISION DE FESTAS |
28 E 29 DE XUÑO |
1.000,00 |
|
8 |
CINSA |
COMISION DE FESTAS |
27 DE SETEMBRO |
1.000,00 |
|
9 |
SAN ANTONIO |
A. COMISION DE FESTAS DE SAN ANTONIO |
12 A 15 DE XUÑO |
1.000,00 |
|
10 |
CARUD |
AA.VV. BARRIO DE CARUDE |
4 A 6 DE ABRIL |
1.000,00 |
|
11 |
A VIDE |
MONTE VECINAL STA BARBADA OU DA VIDE |
14 DE SETEMBRO |
423,50 |
|
12 |
SAN XULIAN DE TOR |
MARÍA EVA SÁNCHEZ BELÓN |
25 E 26 DE XULLO |
1.000,00 |
|
13 |
A PARTE |
A.VV. A PARTE, CAMPORRÍO E REMUÍN |
20 E 21 DE SETEMBRO |
1.000,00 |
|
14 |
FIOLLEDA |
AA.VV. SAN COSME DE FIOLLEDA |
17 DE AGOSTO |
1.000,00 |
|
15 |
SEOANE |
AA.VV. SAN SALVADOR DE SEOANE |
20 DE ABRIL |
1.000,00 |
|
16 |
SINDRAN |
AA.VV. SAN PEDRO DE SINDRAN |
7 E 8 DE XUÑO |
1.000,00 |
|
17 |
CANEDA |
ASOCIACIÓN DE FESTAS DE CANEDA |
2 A 4 DE MAIO |
1.000,00 |
|
18 |
PIÑEIRA |
ASOCIACIÓN DE FESTEXOS DE PIÑEIRA |
26 A 28 DE XULLO |
1.000,00 |
|
19 |
A PENELA |
MVMV ANA DIAZ , CHAIRA E VIDUAL |
1 E 2 DE AGOSTO |
1.000,00 |
|
20 |
VALLE DE LEMOS |
A.VV. DE LEMOS SANTIAGO APOSTOL |
24 E 25 DE XULLO |
1.000,00 |
|
21 |
CHAO DO FABEIRO |
AA.VV. CHAO DO FABEIRO |
30 E 31 DE AGOSTO |
1.000,00 |
|
22 |
REIGADA |
M.V.M.C. REIGADA |
30 E 31 DE MAIO E 1 DE XUÑO |
1.000,00 |
|
TOTAL…. |
21.423,50 |