O Alcalde anuncia a concesión de más de 21.000 euros en axudas para a celebración de festas nos barrios e parroquias

Monforte de Lemos, 28 de novembro de 2025. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da resolución da convocatoria de concesión de subvencións para a celebración de festas de barrios e parroquias no exercicio 2025 na que resultaron beneficiadas un total de 22 entidades veciñais e comisións de festas. A resolución foi aprobada en Xunta de Goberno Local o pasado 17 de novembro e os beneficiarios teñen prazo ata o vindeiro 5 de decembro para xustificar o gasto subvencionado. As axudas concedidas suman unha contía total de 21.423,50 euros.

O rexedor destaca que esta liña de axudas ten como obxectivo “potenciar a celebración das festas de barrios e parroquias de Monforte, e manter así vivas as nosas tradicións”. Con este fin, no pasado ano 2024, o  Equipo de Goberno acordou que todas as entidades e asociacións solicitantes recibiran unha contía máxima de 1.000 euros por anualidade, incrementándose nun 100% as axudas que ata ese momento se destinaban ás parroquias para a organización das súas festas.

Entre outros requisitos, para optar a estas axudas é imprescindible ter autorización concedida polo Concello de Monforte para a celebración da festa para a que se solicite a subvención, tal e como obriga a Lei de Espectáculos de Galicia.

 

ENTIDADES BENEFICIAIRAS

NUM

PARROQUIAS/BARRIOS DO CONCELLO

SOLICITANTE

DATA DE CELEBRACIÓN

IMPORTE CONCEDIDO

1

SANTA MARIÑA DO MONTE

A.VV. A XUNTANZA DE SANTA MARIÑA

5 A 7 DE SETEMBRO

1.000,00

2

GULLADE

COMISION DE FESTAS

24 DE AGOSTO

1.000,00

3

COBAS

AA.VV. BARRIO DE COBAS

17 DE MAIO

1.000,00

4

SAN VICENTE DO PINO

A.V. SANTA EUFEMIA DE LEMOS

12 E 13 DE SETEMBRO

1.000,00

5

BASCOS

AA. VV SAN MARTÍN DE BASCOS

25 A 27 DE ABRIL

1.000,00

6

MOREDA

COMISION DE FESTAS

18 E 19 DE OUTUBRO

1.000,00

7

SAN XOAN DE TOR

COMISION DE FESTAS

28 E 29 DE XUÑO

1.000,00

8

CINSA

COMISION DE FESTAS

27 DE SETEMBRO

1.000,00

9

SAN ANTONIO

A. COMISION DE FESTAS DE SAN ANTONIO

12 A 15 DE XUÑO

1.000,00

10

CARUD

AA.VV. BARRIO DE CARUDE

4 A 6 DE ABRIL

1.000,00

11

A VIDE

MONTE VECINAL STA BARBADA OU DA VIDE

14 DE SETEMBRO

423,50

12

SAN XULIAN DE TOR

MARÍA EVA SÁNCHEZ BELÓN

25 E 26 DE XULLO

1.000,00

13

A PARTE

A.VV. A PARTE, CAMPORRÍO E REMUÍN

20 E 21 DE SETEMBRO

1.000,00

14

FIOLLEDA

AA.VV. SAN COSME DE FIOLLEDA

17 DE AGOSTO

1.000,00

15

SEOANE

AA.VV. SAN SALVADOR DE SEOANE

20 DE ABRIL

1.000,00

16

SINDRAN

AA.VV. SAN PEDRO DE SINDRAN 

7 E 8 DE XUÑO

1.000,00

17

CANEDA

ASOCIACIÓN DE FESTAS DE CANEDA

2 A 4 DE MAIO

1.000,00

18

PIÑEIRA

ASOCIACIÓN DE FESTEXOS DE PIÑEIRA

26 A 28 DE XULLO

1.000,00

19

A PENELA

MVMV ANA DIAZ , CHAIRA E VIDUAL

1 E 2 DE AGOSTO

1.000,00

20

VALLE DE LEMOS

A.VV. DE LEMOS SANTIAGO APOSTOL

24 E 25 DE XULLO

1.000,00

21

CHAO DO FABEIRO

AA.VV. CHAO DO FABEIRO

30 E 31 DE AGOSTO

1.000,00

22

REIGADA

M.V.M.C. REIGADA

30 E 31 DE MAIO E 1 DE XUÑO

1.000,00

     

TOTAL….

21.423,50